Clases sen fume.

O ALUMNADO DE 1º E 2º ESO QUE PARTICIPOU NO PLAN PROXECTA CLASES SEN FUME RECIBE UNHAS MOCHILAS EN RECOÑECEMENTO AO SEU TRABALLO

O alumnado de 1º ESO A e 2º ESO A que participou activamente no Plan Proxecta Clases sen fume recibe unhas mochilas en recoñecemento ao seu traballo por xentilexa da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

  

O ALUMNADO DE 2º ESO A GRAVA UN VÍDEO CO OBXECTIVO DE ANIMAR OS COMPAÑEIROS/AS A NON FUMAR

O alumnado de 2º ESO A despois de elaborar un xogo de cartas coa Plataforma dixital Hearthcards gravou un vídeo co seguinte texto:

  • VALENTÍN Ei,........ Imos xogar ás cartas no recreo. Vides xogar? A profesora deunos unha baralla nova . Di que non é a típica baralla!
  • AINARA Si, imos ver que se lle ocorreu outra vez á profesora! (Comezan a barallar e distribuír as cartas...)
  • JAVIER CARTA 1: Un cigarro! O meu curmán maior deumo a probar o outro dia. Di que é de xente xenial. Ademais moita xente fuma e non pasa nada. Se fora malo, non o venderían, non si?
  • VALENTÍN CARTA 2: TOSE SECA. Si, o meu curmán tamén tuse pola mañá, pero di que é pola alerxia. Non é nada...
  • SAMANTHA CARTA 3 . MAL CHEIRO A verdade é que non me gustaría bicar a un rapaz con sabor a cinceiro, uf!
  • AINARA CARTA 4: ENFERMIDADE CARDIACA Enfermidade cardíaca....Pero o tabaco tamén pode causar iso?
  • VALENTÍN: Pero esta baralla só ten cartas MALAS!
  • JAVIER: Mais de seguro ten que haber algunha carta boa nesta baralla! (Saen dúas cartas : deporte e practicar exercicio). Iso está mellor!
  • VALENTÍN Entón se o tabaco afecta ao cerebro e ao corazón, non entendo por que a xente fuma. Gastas diñeiro e por enriba quedas sen saúde....

TODOS conclúen: SE XOGAS CO TABACO, TES TODAS AS PAPELETAS PARA QUE CHE TOQUEN MALAS CARTAS

O ALUMNADO DE 2º ESO A ELABORA UN XOGO DE CARTAS PARA CONCIENCIAR DO RISCO DO TABACO E ANIMAR A NON FUMAR

O alumnado de 2º ESO A elaboraou un xogo de cartas coa Plataforma dixital Hearthcards co obxectivo de disuadir a outros rapaces e evitar que fumen.

Nesta baralla atópanse os principais efectos do tabaco na nosa saúde: tose seca, bronquite crónica, enfisema e/ou cancro de pulmón, maior tendencia á depresión, accidente cardiovascular, enfermidade cardíaca, gastrite crónica, mal olor, cancro de lingua, dano nos dentes ... Tamén identificaron os principais hábitos saudables, ou “comodíns”: deporte e facer exercicio.

 

A conclusión á que chegan é que o tabaco ten tantos efectos prexudiciais que é moi posible que “se xogas co tabaco, de seguro che tocarán malas cartas”

O ALUMNADO DE 2º ESO A ELABORA UN SLOGAN E UN DESEÑO PARA O PLAN PROXECTA CLASES SEN FUME

Como traballo para o Plan Proxecta Clases sen fume o alumnado de 2º ESO A elaborou un slogan e un deseño coas consecuencias que o tabaco pode producir nos nosos pulmóns.

O ALUMNADO DE 1º ESO DO IES MARTAGUISELA PARTICIPA NO PLAN PROXECTA CLASES SEN FUME

Dentro do Plan Proxecta Clases sen fume e despois de asistir a dúas charlas impartidas por Pilar Trabazo da Consellería de Sanidade, o alumnado da clase de 1º da ESO A realizou un vídeo sobre a visión que teñen sobre o consumo de tabaco, para concienciar á comunidade educativa do perigo que conleva esta práctica.

A historia vai relatando a vida dunha rapaza ata a súa morte por mor do tabaco. A pequena ten un ambiente familiar disfuncional e a imaxe do tabaco está sempre presente. Este ambiente fai que acabe consumindo tabaco e este hábito facilita que caia na adicción doutra serie de substancias. A necesidade de cartos para pagar a súa adicción acaba por convertela en camelo, xa que deixou de lado a súa educación e formación e non aspira a outro tipo de traballo. Tras anos con este mal hábito a protagonista enferma de cancro que acaba coa súa vida.

O vídeo realizouse baixo a dirección da alumna Nayara Basalo e colaborou como guía e orientadora na produción do vídeo a profesora de Educación Plástica Visual, María Domínguez.

A motivación e interese do alumnado foi absoluta e nótase no resultado, ESPECTACULAR!

Deixámosvos o vídeo da charla.

O ALUMNADO DE 2 e 3º ESO DO IES MARTAGUISELA COLABORA COA CAMPAÑA DO DÍA MUNDIAL SEN TABACO, 31 DE MAIO, DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CÁNCER DE OURENSE

O IES Martaguisela colaborou coa Asociación Española contra o cancro de Ourense na súa campaña de celebración do Día Mundial sen Tabaco.

Así na mañá do 31 de maio persoal psicólogo da Asociación achegouse ata o centro educativo para repartir información sobre as substancias que contén o tabaco (nicotina, alcatrán, níquel, amoníaco, acetona, arsénico, cianuro de hidróxeno, monóxido de carbono, etc), substancias todas elas, polas que moita poboación padece cancro e, como consecuencia, falece.

Alén das substancias do tabaco, tamén nos informaron dunha moda moi perigosa entre a mocidade, como é o uso dalgúns dispositivos para fumar como son os vapers e as cachimbas.

Deixámosvos máis fotografías de diferentes momentos da entrega de folletos.

Powered by Drupal - Design by artinet