O ALUMNADO DE 1º ESO DO IES MARTAGUISELA PARTICIPA NO PLAN PROXECTA CLASES SEN FUME

Dentro do Plan Proxecta Clases sen fume e despois de asistir a dúas charlas impartidas por Pilar Trabazo da Consellería de Sanidade, o alumnado da clase de 1º da ESO A realizou un vídeo sobre a visión que teñen sobre o consumo de tabaco, para concienciar á comunidade educativa do perigo que conleva esta práctica.

A historia vai relatando a vida dunha rapaza ata a súa morte por mor do tabaco. A pequena ten un ambiente familiar disfuncional e a imaxe do tabaco está sempre presente. Este ambiente fai que acabe consumindo tabaco e este hábito facilita que caia na adicción doutra serie de substancias. A necesidade de cartos para pagar a súa adicción acaba por convertela en camelo, xa que deixou de lado a súa educación e formación e non aspira a outro tipo de traballo. Tras anos con este mal hábito a protagonista enferma de cancro que acaba coa súa vida.

O vídeo realizouse baixo a dirección da alumna Nayara Basalo e colaborou como guía e orientadora na produción do vídeo a profesora de Educación Plástica Visual, María Domínguez.

A motivación e interese do alumnado foi absoluta e nótase no resultado, ESPECTACULAR!

Deixámosvos o vídeo da charla.

Powered by Drupal - Design by artinet