Proxectos de vida activa e deportiva – PVAD Modalidade DAFIS.

O ALUMNADO DE 2º ESO DO IES MARTAGUISELA REALIZOU UNHA RUTA DE SENDEIRISMO POLA ZONA DE XAGOAZA O DÍA 18 DE MAIO DE 2023

O alumnado de 2º ESO do IES Martaguisela realizou este xoves, día 18 de maio, unha ruta de sendeirismo duns 14 Km de distancia pola zona de Xagoaza.  Os profesores acompañantes foron David Ramos e Álex Caruncho.

Á primeira hora da mañá saíron do IES en dirección cara ao Mosteiro de Xagoaza cun tramo de forte pendente ao inicio. Mentres ían camiñando foron realizando diversas paradas para ir explicando cómo camiñar en determinadas zonas e tendo en conta a correcta hidratación. No mosteiro fixeron unha parada máis longa para repoñer forzas e así poder continuar descendendo cara ao Castro e de aí cara ao centro educativo para rematar a xornada.

Alén da ruta de sendeirismo tamén amenizaron o percorrido cun xogo que mantiña ocupados ao longo do traxecto.

Ao igual que as camiñadas de 1º e 3º ESO realizadas anteriormente, foi, sen lugar a dúbida, unha boa xornada de actividade física, de natureza e de diversión.

Esta actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta de Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD).

Deixámosvos máis fotografías da xornada.

O ALUMNADO DE 1º BAC DO IES MARTAGUISELA REALIZOU UNHA ACTIVIDADE MULTIAVENTURA O DÍA 15 DE MAIO

Dentro do Plan Proxecta de Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD) o alumnado de 1º BAC do IES Martaguisela aproveitou o luns día 15 de maio para realizar unha actividade multiaventura de BTT, espeleoloxía e rápel.  Os profesores organizadores e acompañantes foron David Ramos, Álex Caruncho de Educación Física e Aitor Freán do Departamento de Historia.

A xornada foi intensa e completa. Ás 07:30h saíron do centro educativo para dirixirse ao punto de comezo en Puerto Ventana (Asturias) cunha altitude de 1587m, alí colleron as bicicletas e iniciaron o descenso cara á Senda do Oso, cun total de 40km. Despois de máis de tres horas de baixada, foron xantar a Proeza.

Pola tarde desprazáronse á Cova da Horta, onde se dividiron en dous grupos, mentres uns comezaban a actividade de rápel nunha caída de máis de 40m, o outro iniciaba a aventura de espeleoloxía polo interior da cova.

Foi unha xornada chea de emocións e novas sensacións que rematou sobre as 20:00h.

Para ver máis fotos fai clic aquí.

O ALUMNADO DE 1º E 2º ESO DO IES MARTAGUISELA REALIZOU UNHA ACTIVIDADE DE RÁFTING POLO SIL O DÍA 11 DE MAIO DE 2023

O alumnado de 1º e  2º ESO do IES Martaguisela realizou este xoves, día 11 de maio, unha actividade de ráfting polo Sil dende Sobradelo ata o Malecón.  Os profesores acompañantes foron David Ramos e Álex Caruncho, pertencentes ao Departamento de Educación Física e organizadores do evento.

Foi unha xornada moi divertida e chea de emocións, xa que moita rapazada nunca realizaran este tipo de descenso.

A xornada comezou en Sobradelo ás 10:00h cunha explicación da actividade, normas de seguridade e instrución básicas de manexo da embarcación.

Gozaron dunha baixada polo río Sil onde puideron vivir momentos moi agradables e divertidos cunha parada para poder desfrutar dun xogo de tobogán sobre as embarcacións. A seguir sortearon cada unha das correntes que daban emoción ao ráfting.

Esta actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta de Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD).

Deixámosvos máis fotografía da xornada.

Powered by Drupal - Design by artinet