O ALUMNADO DE 2º ESO DO IES MARTAGUISELA REALIZOU UNHA RUTA DE SENDEIRISMO POLA ZONA DE XAGOAZA O DÍA 18 DE MAIO DE 2023

O alumnado de 2º ESO do IES Martaguisela realizou este xoves, día 18 de maio, unha ruta de sendeirismo duns 14 Km de distancia pola zona de Xagoaza.  Os profesores acompañantes foron David Ramos e Álex Caruncho.

Á primeira hora da mañá saíron do IES en dirección cara ao Mosteiro de Xagoaza cun tramo de forte pendente ao inicio. Mentres ían camiñando foron realizando diversas paradas para ir explicando cómo camiñar en determinadas zonas e tendo en conta a correcta hidratación. No mosteiro fixeron unha parada máis longa para repoñer forzas e así poder continuar descendendo cara ao Castro e de aí cara ao centro educativo para rematar a xornada.

Alén da ruta de sendeirismo tamén amenizaron o percorrido cun xogo que mantiña ocupados ao longo do traxecto.

Ao igual que as camiñadas de 1º e 3º ESO realizadas anteriormente, foi, sen lugar a dúbida, unha boa xornada de actividade física, de natureza e de diversión.

Esta actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta de Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD).

Deixámosvos máis fotografías da xornada.

Powered by Drupal - Design by artinet