Skip to Content

Visita á Aula Newton

O alumnado de 2º de ESO acudiu este xoves 4 de maio ó Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), ubicado no polígono de San Cibrao das Viñas, para gozar da segunda edición da Aula Newton, e que serve para que o alumnado galego poida iniciarse no mundo da aviación, cun simulador de vo.

O obxectivo deste proxecto impulsado pola multinacional Boeing entre outros, non é outro que fomentar as vocacións vinculadas ás ciencias, á tecnoloxía, á enxeñaría e á matemáticas, empregando un enfoque práctico e innovador que anime ó alumnado a optar no futuro por carreiras científicas e tecnolóxicas.

Participación do centro no ICILS

Este mércores no IES levouse a cabo a proba ICILS despois de ser seleccionado o centro como candidato a nivel estatal. O estudo Internacional sobre Competencia Dixital (ICILS) é promovido pola IEA para avaliar a competencia dixital dos estudantes de 2º de ESO, así como para recopilar información sobre o contexto escolar e familiar dos estudantes, cunha periocidade de cinco anos e na que España participa na edición de 2023. Nesta edición inclúese un módulo opcional para avaliar o pensamento computacional e a programación.

INFORMACIÓN ABAU 2023

 

Logo CiUG

 

A CIUG ven de publicar unha serie de instrucións en relación ao desenvolvemento da ABAU neste curso 2023. Podedes consultar toda a información pinchando na imaxe.

Achégovos como arquivo adxunto un resumo cos aspectos máis relevantes que cómpre coñecer e comparto a continuación  un par de vídeos explicativos sobre  a ABAU e o proceso de acceso á universidade (neste caso é da USC).

 

 

Premios Extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022/2023

Foron convocados os premios extraordinarios ao rendemento académico para o alumnado que finaliza os estudos de ESO no curso 2022-2023 cun resultado excelente, dotados con  20 premios de 1.000€.

Presentación de solicitudes:  do 31 de maio ao 30 de xuño dende a aplicación "Premiosedu", sendo necesaria a súa presentación na Sede electrónica (a propia aplicación o indica chegado o momento).

Alumnado en prácticas FCT 2022/2023

Un curso máis o noso alumnado de Formación Profesional Básica en Informática de Oficina comeza o seu periodo de formación en centros de traballo (FCT).

Este ano queremos agradecer ó Hospital Público da Mariña e a Academia A Mariña, en Burela, así como a Moviltom S.C., en Viveiro, como empresas e organismos que aceptaron a proposta do instituto para esta labor altruista de formación e que supón para as rapazas e rapaces de formación profesional básica unha primeira aproximación ó entorno laboral.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut