Skip to Content

FONDO LIBROS 2023/24

PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS 2023/24

Para coñecer os libros e importe do vale para material escolar(se o houber) deben achegarse ao centro ou chamar ao número: 982870193

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto 2023/24

  No DOG do día 19 de maio de 2023 publícase a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído). 

Exposición Letras Galegas 2023

O alumnado participou da creación dun mural para conmemorar o día das Letras Galegas, adicado este ano a Francisco Fernández del Riego, nado na nosa comarca (Lourenzá) e sendo un dos grandes impulsores da lingua galega durante o século XX.

Visita a Santiago do alumnado de 3º ESO

O pasado martes, o alumnado de 3º de ESO acudiu a Santiago de Compostela para visitar tanto o Museo do Pobo Galego, como A Cidade da Cultura e a Biblioteca Couceiro. Asi, no primeiro gozaron de paneis sobre o mar, o campo, os oficios, os lugares e obxectos cotidians da sociedade galega.

 

Acto de graduación de Bacharelato

Este luns celebramos o acto de graduación do noso alumnado de Bacharelato, na que se proxectou un vídeo cos recordos dos últimos anos, a entrega de orlas por parte da titora e un regalo especial do instituto a cada un, consistente nun USB coas imaxes de cada un deles no seu paso polo centro, unha mochila, un caderno, un bolígrafo e unha rosa. A continuación gozaron dunha estupenda cena.

Toda a sorte no futuro, que estará de seguro cheo de éxitos académicos, laborais e persoais.

Talento mozo

A Xunta achega ao noso centro os obradoiros talento mozo con casos de éxito da xuventude galega. Dirixido por Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, tratou de dar visibilidade ao gran potencial, creatividade e capacidade de innovación que ten a xuventude galega.

Distribuir contido


by Dr. Radut