982 87 01 93 698100452 ies.marques.sargadelos@edu.xunta.gal |
![]() |
CALENDARIO DE MATRÍCULA
29 DE XUÑO: 1º BACHARELATO
30 DE XUÑO: 2º BACHARELATO
4º DE ESO: 1 E 4 DE XULLO
3º DE ESO: 5 DE XULLO
1º/2º ESO: 6, 7 E 8 DE XULLO
No caso de non poder asistir no día asignado, chamar ao 982870194
Ciclo Superior de Química Industrial / FP Básica de Informática de oficina
ADMISIÓN
Xa se poden consultar os calendarios de admisión para o vindeiro curso 2022/23, con inicio o 23 de xuño.
FP BÁSICA de Informática de oficina
Instrucións para realizar unha solicitude por web
Modalidades preferentes de Bacharelato para ciclos superiores
Toda a información na web de FP
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE SECUNDARIA
O pasado 30 de maio publicouse no DOG a convocatoria dos PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO ao rendemento académico.
Se o teu expediente ten unha nota media igual ou superior a 9 nos catro cursos da ESO podes optar a 1 dos 20 premios de 1000€.
Procedemento ED311D na SEDE.XUNTA.GAL
Calendario de probas extraordinarias : xuño 2022
Podes consultar os exames da convocatoria extraordinaria de 1º de FPB e 1º e 2º de BAC AQUÍ
FONDO LIBROS 2022/23
No DOG do día 18 de maio de 2022, publícase a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.
O prazo remata o día 22 de xuño de 2022 incluído.
Como novidade, no artigo 9.3. se establece que "As solicitudes presentaranse preferiblemente por via electrónica na aplicación informática fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
BECAS E AXUDAS PARA ALUMNOS/AS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
Prazo de solicitude: Ata o 30 de setembro
Estimadas familias:
Acaba de abrirse o prazo para a solicitude de estas becas. Máis información AQUÍ
HAPPY HOLI
Para ver o vídeo, preme na imaxe da esquerda
|
Toda a información das probas ABAU 2022 clicando na imaxe
NOVOS CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN
Xa se poden consultar os novos criterios de promoción e titulación para ESO e BAC : AQUÍ
Podes consultar AQUÍ as bases da convocatoria dos prtemios extraordinarios de Bacharelato, cun total de 20 premios dotados con 1000€ .
RALLY CIENTÍFICO - MATEMÁTICO 2022
![]() |
O grupo de 3º de ESO do noso centro formado por Mafalda Ben,Telma Izquierdo, Diana Aguilar, Enzo Juárez, Carla Suárez, Urbano Mon e Patricia Ceinos, clasíficouse para a fase galega que se vai celebrar en Santiago o vindeiro venres 1 de abril. Xunto aos nosos alumnos/as tamén se clasificaron o CPR Sagrado Corazón de Placeres e o IES Martaguisela do Barco de Valdeorras. Parabéns a todos os participantes e moita sorte nesta nova fase.
|
BECAS 2022/23
O prazo para solicitar as becas para o vindeiro curso adiántase polo que se pode facer a solicitude no prazo do 30 de marzo ao luns 16 de maio, aínda que non se teña claso a clase de estudois a facer. Podes solicitar a túa beca para realizar estudos de Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade.
Tes toda a información na web de BECAS do MEC.
As becas de apoio educativo publicaranse a partir do mes de maio
25 Novembro - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
PREMA NA IMAXE PARA VER O CONTIDO
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Toda a información sobre as eleccións está no taboleiro principal do instituto.
Os resultados provisionais xa están publicados no taboleiro
ENTREGA DE MÁSCARAS (ESO)
Xa están publicados no DOG os criterios para a distribución de máscaras para o alumnado de ESO.
Para máis información clica AQUÍ
TRANSPORTE ESCOLAR : NOVIDADES IMPORTANTES
O servizo de transporte escolar funciona durante o periodo lectivo con cambios importantes na xestión a partir de setembro de 2021. Estos cambios implican que será o servicio de mobilidade o seu responsable, cun novo modelo de xestión na que os alumnos/as que teñen dereito lexítimo (ESO, a máis de 2 KMs de distamcia do centro) sigan co modelo anterior pero os alumnos de ensinanzas non obrigatorias (BAC, FP) ou que vivan a menos de 2 kms no centro poidan utilizar os buses coa taxeta XENTE NOVA , que lles da dereito a usar ata 60 viaxes cada mes os servizos do transporte da Xunta . A tarxeta pódese solicitar nas oficinas de ABANCA (Burela, Foz ou Viveiro, pois en san Cibrao non a realizan) e require un saldo inicial para que unha vez se utilice a Xunta lles reintegre o saldo gastado no mes seguinte.
Toda a información na seguinte ligazón de BUS.GAL
A xestión deste servizo non sepende da Consellería de Educación (Depende da Consellería de Infraestruturas). De todas formas desde o centro tentarase de resolver as incidencias do servizo.
BECAS MEC 2021/22
A convocatoria de axudas ao estudo do Ministerio de Educación para o Bacharelato, Formación Profesional e Necesidades Educativas Especiais xa están publicadas. O prazo remata o 30 de setembro.
Para maís información preme na imaxe:
FONDO LIBROS: Consulta de listas
Xa están publicadas as listas de FondoLibros correspondentes ao curso 2021/22. Para a súa consulta están expostas ao exterior ao lado da porta de acceso ao edificio. Tamén se poden consultar por teléfono (982870193).
CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN POLÍMEROS
O IES Marqués de Sargadelos xunto co IES Illa de Sarón de Xove e a UDC (Universidade de Coruña- Facultade de Ciencias) e coa financiación da Fundación Alcoa van participar nun proxecto de formación novo que consiste en formar aos seus alumnos/as dos ciclos superiores no mundo dos polímeros, un sector en pleno auxe e que lles permitirá mellorar a súa formación e ampliar asposibilidades na saídas ao mercado laboral .
![]() |
CURSO DE ESPECIALIZACIÓN POLÍMEROS |
![]() |
|
![]() |
Esta formación de 300 horas será impartida no IES Marqués de Sargadelos (50h semipresenciais), nas instalacións da Facultade de Ciencias da UDC (200 horas en modalidade semipresencial, laboratorio e visitas) e nos talleres do IES de Sarón (50h) entre setembro e marzo do curso 2021/22.
Para poder obter a certificación final da UDC debes estar matriculado/a nos ciclos superiores de Xove e San Cibrao en modalidade ordinaria ou en modalidade de adultos (nun módulo polo menos). Os prazos de admisión , unha vez rematado o primeiro, son do 28 ao 30 de xullo e no mes de setembro estará aberto para as prazas que queden sen cubrir.
O ciclo superior de Química Industrial do IES Marqués de Sargadelos está a conseguir nos últimos cursos superar o 80% de emprego nos sectores químico, alimentario, de enerxías renovables e industrial para os seus alumnos/as, que , tamén poden seguir os seus estudos en diversos grados universitarios.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-22
O listado de libros de texto para o curso 21/22 pódese consultar premendo na imaxe
![]() |
MELLORES EXPEDIENTES ABAU 2021
Os nosos alumnos Amanda López e Antonio Villares tiveron un recoñecemento por parte da USC ao superar a nota global de 9 na parte obrigatoria das probas ABAU. Asimesmo temos que resultar a porcentaxe de aprobados/as nas probas (93% cun só suspenso) así como participación do 83% do total de alumnos de 2º de Bac nas probas ABAU.
Desexámoslles a todos/as sorte no seu futuro académico, agradecéndolles o esforzo realizado nos seus estudos de Secundaria e bacharelato.
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA 2020/21
Pódense consultar as bases na seguinte LIGAZÓN
Toda a información AQUÍ
ADMISIÓN CICLO SUPERIOR DE QUÍMICA INDUSTRIAL
Se queres traballar na industria química, alimentaria, enerxética... , este é o teu ciclo.
CALENDARIO DE ADMISIÓN
O seguinte periodo de matrícula vai do 28 ao 30 de xullo (13h) pero pódese
consultar todo o calendario de admisión na seguinte ligazón (edu.xunta.fp).
Toda a información na web de FP .
Está aberto o prazo para solicitar as axudas de FONDOLIBROS para o alumnado de ESO. O prazo comeza o 20 de maio e remata o 22 de xuño. AS solicitudes poden cubrirse telematicamente na aplicación FONDOLIBROS ou ben descargar os impresos e entregalos cubertos no centro. Na conserxería hai impresos para quen os demande.
Pódese consultar a normativa en: DOG 20 maio
Toda a información nesta WEB
ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2021/22
Alumnado procedente de centros adscritos:CEIP Cervo- CEIP Península da Paz
O listado está publicado no taboleiro de anuncios. Tódolos solicitantes teñen praza reservada
Alumnado sen reserva de praza (do 1 ao 22 de marzo): Información sobre o proceso
Nota: En Bacharelato terán preferencia os alumnos/as da mesma zona educativa: IES Illa de Sarón (Xove)
DÍA DA PAZ 2021
O día 3 de outubro, nas pistas, desenvolveuse unha actividade artística organizada pola ANPA do centro en colaboración co departamento de cultura da Deputación Provincial de Lugo. Os artistas, MANUEL SEIJAS e DIEGO ANIDO realizaron un fermoso mural en homenaxe a unha das máis galegas e universais escritoras, Rosalía de Castro. Aquí temos en imaxes o proceso de elaboración que o noso alumnado puido presenciar e o resultado final do mesmo. O agradecemento aos organizadores e especialmente a estes magníficos artistas que contribúen a que os muros sexan cada día menos muros e menos duros.
Para ver outras fotos, accede ao facebook
No seguinte enlace, atoparás unha ferramente, que poderá servirche de apoio, para coñecerte mellor e facilitar a túa toma de decisión, no eido académico e profesional.
https://www.educaweb.com/orientacion/intereses-profesionales/