Skip to Content

Bacharelato

ESTUDAR BACHARELATO

O bacharelato é unha das ensinanzas que conforman a educación secundaria postobrigatoria.

Ten como finalidade proporcionar formación, madureza intelectual e humana, coñecementos, habilidades e actitudes que permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e aptitude.Así mesmo, esta etapa deberá permitir a adquisición e o logro das competencias indispensables para o futuro formativo e profesional, e capacitar para o acceso á educación superior.

Para acceder a bacharelato é imprescindible ter o título da ESO ou outro equivalente.

O máximo de cursos que se pode permanecer en bacharelato é de 4 e o título que se obtén ao finalizalo permite o acceso á Educación Superior (Universidade - necesario superar ABAU-, FP de Grao Superior, ensinanzas artísticas Superiores, etc.). 

 

Vexamos como se organiza o Bacharelato:

Desenvólvese en dous cursos organizados en materias comúns, específicas de modalidade e optativas,  configurando múltiples modalidades e vías que ofrecen unha preparación especializada ás alumnas e aos alumnos. 

Cada modalidade/vía de bacharelato está adscrita a un ámbito de coñecemento concreto, polo que cada bacharelato brinda unha formación específica en base ás materias específicas. Isto debe terse en conta no momento de escoller o bacharelato que imos estudar, pois segundo a modalidade cursada estaremos mellor preparados para uns ou outros estudos superiores. Neste sentido, existen certos factores que facilitan o acceso á educación superior segundo a compatibilidade do  bacharelato estudado.

  1. Formación Profesional: cada familia profesional ten adxudicadas unhas modalidades e materias concretas de bacharelato que dan prioridade para o acceso. CONSULTAR AQUÍ
  2. Ensinanzas Artísticas: nas ensinanzas artísticas o alumnado das modalidades de ARTES teñen maior facilidade para o acceso, estando exentos de realizar a proba específica de acceso.
  3. Ensinanzas Universitarias: o alumnado que accede á universidade mediante a ABAU debe  examinarse da materia específica obrigatoria da modalidade de bacharelato que cursou. Así mesmo, na fase voluntaria da ABAU cada materia ten un valor diferente en función do Grao que se desexe estudar, en virtude do establecido na TABOA DE PONDERACIÓNS PROVISIONAIS PARA ABAU 2025

 

Existe a posibilidade de cursar bacharelato en 3  cursos para o alumnado que:

a) Curse a etapa de maneira simultánea ás ensinanzas profesionais de Música ou de Danza.

b) Acredite a consideración de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.

c) Requira unha atención educativa diferente á ordinaria por presentar algunha necesidade específica de apoio educativo.

d) Que alegue outras circunstancias que, a xuízo da consellería con competencias en materia de educación e nos termos que dispoña, xustifique a aplicación desta medida.

 

No IES Marqués de Sargadelos ofértanse os bacharelatos nas modalidades de Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais.

O Bacharelato de artes na modalidade de Artes plásticas, imaxe e deseño impártese no IES Monte Castelo de Burela.

O bacharelato xeral e  o bacharelato de artes na vía de música e artes escénicas non se imparten en ningún centro próximo ao Concello de Cervo.

 

 

 

--------------------1º CURSO DE BACHARELATO--------------------

 

MATERIAS COMÚNS DO 1º CURSO DE BACHARELATO

 

  • LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 1

  • LINGUA GALEGA E LITERATURA 1

  • LINGUA ESTRANXEIRA 1

  • EDUCACIÓN FÍSICA

  • FILOSOFÍA

MATERIAS ESPECÍFICAS DE MODALIDADE  OBRIGATORIAS 1º CURSO

 

CIENCIAS E TECNOLOXÍA

 

   HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

XERAL

 

 

MATEMÁTICAS 1

LATÍN 1 (HUMANIDADES)

 

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS 1 (CIENCIAS SOCIAIS)

 

MATEMÁTICAS XERAIS

 

 

MATERIAS ESPECÍFICAS DE MODALIDADE OPTATIVAS DE 1º CURSO

2 A ELIXIR ENTRE

 

  • BIOLOXÍA, XEOLOXÍA E CIENCIAS AMBIENTAIS

  • DEBUXO TÉCNICO 1

  • FÍSICA E QUÍMICA

  • TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA 1

 

  • LATÍN 1

  • MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS1

  • ECONOMÍA

  • GREGO 1

  • HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

  • LITERATURA UNIVERSAL

 

  • ECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E ACTIVIDADE PROFESIONAL.

  • ALGUNHA DAS MATERIAS DESTE TIPO QUE SE OFERTAN NOUTRAS MODALIDADES DE BACHARELATO DO CENTRO.

 

 

 

MATERIAS ESPECÍFICAS DE MODALIDADE  OBRIGATORIAS 1º CURSO

 

ARTES: VIA ARTES PLÁSTICAS, IMAXE E DESEÑO

ARTES: VÍA MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS

 

DEBUXO ARTÍSTICO 1

ANÁLISE MUSICA1 OU ARTES ESCÉNICAS 1

 

MATERIAS ESPECÍFICAS DE MODALIDADE  OPTATIVAS 1º CURSO

 

  • CULTURA AUDIOVISUAL

  • DEBUXO TÉCNICO APLICADO ÁS ARTES PLÁSTICAS E O DESEÑO

  • PROXECTOS ARTÍSTICOS

  • VOLUME

 

  • ANÁLISE MUSICAL 1

  • ARTES ESCÉNICAS 1

  • CORO E TÉCNICA VOCAL 1

  • CULTURA AUDIOVISUAL

  • LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL

 

 

MATERIA OPTATIVA QUE TODO O ALUMNADO DEBE CURSAR  NO 1º CURSO (ELIXIR 1 DE ENTRE) :

  • TECNOLOXÍAS INTELIXENTES(NOVIDADE 2023/2024). Esta materia abordará os coñecementos básicos de programación (fundamentos de programación enfocados ao uso de librarías dixitais), o axente intelixente (abrangue o estudo de áreas da intelixencia artificial como son a percepción, a actuación, a representación, o razoamento e a aprendizaxe) e o impacto da intelixencia enfocado ao uso dos datos (consideracións éticas e aspectos legais en consonancia coas recomendacións da Unión Europa, así como cuestións de sustentabilidade). 
  • ANATOMÍA APLICADA

  • ANTROPOLOXÍA

  • CULTURA CIENTÍFICA

  • SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA 1

  • LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE

  • TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN 1

  • ALGUNHA DAS MATERIAS DE MODALIDADE DO APARTADO ANTERIOR

 

 
 
 
---------2º CURSO DE BACHARELATO-------
 
 

 

MATERIAS COMÚNS DO 2º CURSO DE BACHARELATO

  • LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 2

  • LINGUA GALEGA E LITERATURA 2

  • LINGUA ESTRANXEIRA 2

  • HISTORIA DE ESPAÑA

  • HISTORIA DA FILOSOFÍA

MATERIAS ESPECIFICAS DE MODALIDADE  OBRIGATORIAS 2º

 

CIENCIAS E TECNOLOXÍA

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

XERAL

ARTES: VIA ARTES PLÁSTICAS, IMAXE E DESEÑO

ARTES: VÍA MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS

MATEMÁTICAS 2

OU MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS 2

LATÍN 2 (HUMANIDADES)

 

MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS 2 (CIENCIAS SOCIAIS)

CIENCIAS XERAIS

DEBUXO ARTÍSTICO 2

ANÁLISE MUSICAL 2 OU ARTES ESCÉNICAS 2

 

MATERIAS ESPECÍFICAS DE MODALIDADE OPTATIVAS (2 A ELIXIR ENTRE)

 

  • BIOLOXÍA

  • XEOLOXÍA E CIENCIAS AMBIENTAIS

  • DEBUXO TÉCNICO 2

  • FÍSICA

  • QUÍMICA

  • TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA 2

 

  • LATÍN 2

  • MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS 2

  • EMPRESA E DESEÑO DE MODELOS DE NEGOCIO

  • XEOGRAFÍA

  • GREGO 2

  • HISTORIA DA ARTE

 

  • MOVEMENTOS CULTURAIS E ARTÍSTICOS

  • MATERIAS DOUTRAS MODALIDADES DESTE MESMO TIPO QUE SE IMPARTAN NO CENTRO.

 

  • DEBUXO TÉCNICO APLICADO ÁS ARTES PLÁSTICAS E AO DESEÑO 2

  • DESEÑO

  • FUNDAMENTOS ARTÍSTICOS

  • TÉCNICAS DE EXPRESIÓN GRÁFICO-PLÁSTICA

 

  • ANÁLISE MUSICAL 2

  • ARTES ESCÉNICAS 2

  • CORO E TÉCNICA VOCAL 2

  • HISTORIA DA MÚSICA E DA DANZA

  • LITERATURA DRAMÁTICA

 

MATERIA OPTATIVA QUE TODO O ALUMNADO DEBE CURSAR (ELIXIR 1 DE ENTRE) :

  • MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS

  • PSICOLOXÍA

  • SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA 2

  • TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN 2

  • XEOGRAFÍA, HISTORIA , ARTE E PATRIMONIO DE GALICIA

  • UNHA MATERIA DE MODALIDADE DAS ENUMERADAS NO APARTADO ANTERIOR

Toda a información sobre  a ordenación do Bacharelato ven recollida no Decreto 157/2022, ao que podedes acceder pinchando AQUÍ Nel atoparedes información sobre cada unha das materias que se imparten, o que vos resultará de utilidade para facer a vosa elección.

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. Non obstante, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio.

Requisitos que deben reunir as persoas aspirantes:

  1.  Ser maior de vinte anos ou cumprir esa idade no ano 2024.
  2. Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
  3. Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2023/24.

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será do 15 ao 28 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Distribuir contido


by Dr. Radut