Documentación

Revista Club de Letras Lucus

Revista do Club de Letras Lucus. Información da actividade desenvovida durante o ano académico 2019/20

IES Lucus Augusti está a desenvolver dende o ano académico 2018/19 o Bacharelato de Excelencia (STEMbach), unha oferta educativa orientada ao sector das ciencias que por capilaridade achega ao conxunto do alumnado de bacharelato matriculado nesta vía ao ámbito da investigación e a docencia universitaria. A situación de asimetría quese crea respecto ao alumnado de CCSS e HH obriga a deseñar un programa que permeta profundizar no coñecemento dende unha perspectiva crítica e analítica sustentada nun modelo humanista que visibilice a importancia da arte, as ciencias sociais e as humanidades no desenvovemento do saber. Por outro lado, faise necesario promover dende o ámbito académico a reflexión respecto a autocracia androcéntrica que, creada perversamente sobre unha cultura hexemónica machista, despreza sistemáticamente o rol da muller agochando as súas contribucións e provocando unha discriminación histórica que precisa ser revertida. A proposta de actividades pretende abranguer á totalidade do alumnado das etapas de secundaria e bacharelato de xeito que as intervencións impliquen unha sensibilización de toda a comunidade educativa:

 

  • Xornadas sobre xornalismo / Orientada ao alumnado de bacharelato.
  • Xornadas sobre Historia / Orientada ao alumnado de bacharelato.
  • Radio no IES: Creación de PodCast relacionados co rol da muller, datas significativas. / Orientada ao alumnado da ESO.
  • Creación de carteis e "performances" cara a visibilización da muller / Orientada ao alumnado da ESO.
  • A muller no cine: Proxección de filmes relacionados coa problemática de xénero e sesións de videoforum / Orientada ao   alumnado da ESO e bacharelato e ás familias.
  • Creación dun espazo web do Club das Letras cun time-line que amose cronolóxicamenteo desenvolvemento das actividades  / Orientada a toda a comunidade educativa.
  • Promoción da igualdade a través das materias optativas de "Igualdade de xénero" 2º ESO e "Coeducación para o século XXI 1º Bac. / orientada ao alumnado de ESO e Bacahrelato.
  • "Filosofarte: Filosofía e arte" Material de innovación educativa do Departamento de Filosofía / Orientada a 2º Bac Hª Filosofía.
  • Procurar a presentación de obras artísticas (literarias, musicais, etc.) no ámbito do IES. / Orientada a toda a comunidade  educativa.
  • Establecer unha liña de colaboración coa Universidade para promover actividades docentes relacionadas coas CCSS e HH  charlas, mesas redondas, conferencias maxistrais... / Orientada ao alumnado de bacharelato e familias.
  • Colaborar no desenvolvemento do Plan de Igualdade do centro. / Orientada a toda a comunidade educativa.
  • Incentivar a tranversalidade das iniciativas en todas as áreas mesmo as de carácter "científico". / Orientada ao profesorado.
  • Promover a participación activa das familias e institucións culturais do entorno co fin de convertir o IES nun espazo aberto   / Orientada a toda a comunidade educativa e á poboación xeral da cidade.   

Powered by Drupal - Design by artinet