Radio Lucus Club de Letras
![]() |
Nova entrega musical de Radio LÚA Xa sabes, boa música que te acompaña alí a onde queiras chegar.
|
![]() |
Programa de Música en Radio LÚA Xuntas as primeiras letras do Lucus Augusti quixeron bautizar á súa radio o grupo do Taller de Radio do Club de Letras que dirixe o xornalista radiofónico Paco Nieto no noso IES. Nesta ocasión música para animar as idas e vidas do instituto, os recreos ou calquera momento do día! O grupo do Taller compóñeno: Ainara Pajuelo, Noelia Rego, Dulce Sosa, Juan Insua e Ainara Villabrille baixo a incansable guía de Paco Nieto.
|
![]() |
Declamación do Taller de Radio. Pedra a pedra de Xosé Otero Canto na voz de Paula López Villamor. O grupo do Taller compóñeno: Ainara Pajuelo, Noelia Rego, Dulce Sosa, Juan Insua e Ainara Villabrille baixo a incansable guía de Paco Nieto.
|
![]() |
Entrevista en Onda Cero O alumnado do Taller de Radio foi entrevistado por Mónica Santos para o programa matinal Más de Uno Lugo de Onda Cero. Embaixo deixámosvos o anaco de programa onde a conductora do programa charla con Ainara Pajuelo, Noelia Rego, Dulce Sosa, Juan Insua e Ainara Villabrille. Tamén participou na entrevista o profesional da radio que está a titorizar o Taller, Paco Nieto. O programa íntegro pode escoitarse premendo AQUÍ. Queremos agradecer a Mónica Santos e a Onda Cero Lugo o seu interese no noso Taller e a oportunidade que nos brindou outorgándonos un recunchiño no espazo radiofónico Más de Uno.
|
![]() |
De que? Lucía e Cloe reflexionan sobre a importancia e o uso das novas tecnoloxías na actualidade. Interesante reflexión a que nos traen da man da materia de Lingua e Literatura Galega.
|
![]() |
Charla con Chis Oliveira e Amada Traba. As autoras de Ámame mantiveron unha animada e esclarecedora conversa con Noelia Rego e Ainara Villabrille.
|
![]() |
Cristina Fallarás: "Nos han hecho desaparecer desde Safo hasta ayer" Teresa López entrevista á xornalista e escritora Cristina Fallarás que o pasado sábado 14 de decembro estivo en Lugo no Vello Cárcere para dar unha charla. Nela falou sobre feminismo, violencia machista e o seu proxecto #Cuéntalo.
|
![]() |
Que trámites xudiciais segue un caso de violencia machista? Nova entrega da entrevista que Teresa e Raquel lle fixeron a Marta Engroba, presidenta de Sí, Hai Saída e a Sandra Piñeiro xuíza do nº2 de Lugo. Este é o segundo podcast dunha serie que estamos a publicar aos poucos para ir resolvendo certos aspectos e dúbidas ao respecto da violencia machista. Nesta ocasión: Que trámites xudiciais sigue un caso de violencia machista?
|
Progama sobre Violencia Machista nas aulas Realizado polas alumnas de Valores Éticos de 3º da ESO: Marta, Isabel, Iria, Paula, Sabela e Cloe. Paga a pena escoitar o que nos teñen que contar.
|
|
![]() |
Carlos Taibo: "Debemos desurbanizar e reruralizar as nosas sociedades" Ainara Villabrille e Nuria Rego entrevistan ao escritor e profesor de Ciencia Política Carlos Taibo. O madrileño de orixes galegos falou de anarquía e decremento na nosa radio antes de facer o propio nunha amena e esclarecedora charla para alumnas de 1º BAC.
|
![]() |
Inma López Silva: "Gustaríame ter vivido a revolución feminista dos anos 60 e 70" As alumnas de 4º de ESO Ío Blanco e Alejandra Vilanova aproveitaron para charlar sobre feminismo e muller coa escritora galega Inma López Silva logo do Faladoiro Feminista do pasado 15 de novembro organizado polo Foro Feminista Maruxa Mallo. A excelente narradora galega deu unha charla co título: Adquirir a voz de muller: a escritura entre ficción e realidade.
|
![]() |
Xornalismo con lentes Moradas 25/10/2019 Entrevista á xornalista Eliana Martíns realizada por alumnas de bacharelato. |
![]() |
As alumnas de Valores Éticos de 3º de ESO Alejandro Zas, Lola Soto, María García, Andrea Santoalla e Carlota Santoalla entrevistan a Cristina Palacios, presidenta de Arelas. Arelas é a asociación galega de familias de menores trans, a cal traballa para un recoñecemento e integración na sociedade de menores trans. Cristina explica cal é a realidade e os procesos que adoita atravesar unha crianza trans.
|
![]() |
Que se entende por violencia de xénero? Esta é unha de tantas preguntas que Teresa e Raquel lle fixeron a Marta Engroba, presidenta de Sí, Hai Saída e a Sandra Piñeiro xuíza do nº2 de Lugo. Este é o primeiro podcast dunha serie que iremos publicando aos poucos para ir resolvendo certos aspectos e dúbidas ao respecto da violencia machista. Nesta ocasión: Qué se entende por Violencia de Xénero? 18/11/2019
|