Presentación

Presentación da Biblioteca do Lamas de Castelo

Biblioteca do Lamas de Castelo
 Este curso 2017/18, queremos dar a benvida aos novos usuarios da nosa Biblioteca e ás súas familias. Para coñecer mellor a nosa Biblioteca e a as nosas condicións de préstamos, velaquí vos deixamos a nosa guía de presentación.
 

Este é o logo da nosa biblioteca 

Esta é a nosa marca de identidade e atoparédelo nos nosos carteis, nos carnés persoais e en avisos e convocatorias das actividades da biblioteca.

Dende o pasado curso 2016-17, compartirá espazo co logo das Bibliotecas Escolares de Galicia, rede á que pertencemos.

 Horario de biblioteca do curso 2018-19

Horas  LUNS
MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
 8:40          
 9:30          
 10:20      ITI 1ºA   Renée  
 Recreo Renée  Renée Mariluz    Mariluz Renée
 11:40      ITI 2ºA    
 12:30      Renée     
 13:20          
 16:20          
 17:10          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Guías editadas:                                                                Documentación oficial da biblioteca:

  • Profesorado (departamentos)                                                              - Memoria Plambe 2017-18
  • Familias                                                                                                      - Proxecto (liñas xerais) - solicitude Plambe 2018-19

Recomendacións xerais

Se queres coñecer as novidades da nosa biblioteca, recomendámosche facer o seguinte:

1. Visitar a sección de NOVIDADES na propia biblioteca.

Nesta sección podes atopar os últimos libros que mercamos, cómics e as revistas máis recentes.

 2. Visitar a páxina de MEIGA onde está rexistrado e catalogado parte dos fondos.

Aí podes atopar moitos dos materiais que temos na biblioteca. Neste espazo de Meiga podes buscar por títulos, autores, materias,... así como ler opinións sobre algúns libros. Ademais ofrece moitas posibilidades de búsqueda noutras bibliotecas e recomendacións de novas lecturas. Se tes dúbidas de como buscar, tes unha pequena guía abaixo como arquivo adxunto.

3. Visitar as persoas encargadas da biblioteca durante os recreos.

Lembra que durante os recreos están Renée (luns, mércores e xoves) e Mariluz (martes e venres). Atenden o préstamo e tamén poden axudarte na búsqueda ou recomendarche algo.

Avisos

1. A sección BOCA A BOCA está agardando polos teus comentarios.

O Boca a Boca é un taboleiro de recomendacións de lecturas. Calquera persoa que lea un libro e queira recomendalo pode facer unha breve reseña sobre el e colgala aí.

2. Se hai algún libro que desexes ler e aínda non temos na biblioteca, comunícallelo ás encargadas e, na medida do posible, farémonos con el canto antes.

3. Na cafetería podes ler revistas variadas no expositor (aínda que as máis actuais, as de cada mes en curso, estarán na biblioteca).

4. Rele as normas da biblioteca e lémbrate de cumprilas. É algo beneficioso para toda a comunidade.

 

 

Distribuir contido