Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Acceso a fondos bibliotecarios

 

 

A nosa biblioteca por dentro

 

Bibliotecas escolares de Galicia:

A plataforma de lectura ELBE-2

Está é unha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais. Os contidos bega-elbe2.edu.xunta.es están dispoñibles en diferentes linguas, con especial atención á presenza de contidos en lingua galega, e estruturados por temáticas, linguas, autoría, etapas educativas, xéneros (informativos e de ficción) para facilitar o acceso de usuarios e usuarias ás obras do seu interese. Estes contidos dixitais poden utilizarse online e tamén offline, en todo momento e lugar, e que se adaptan a diferentes soportes de lectura (computador ou dispositivos móbiles).

Se queres coñecer as novidades da nosa biblioteca, recomendámosche facer o seguinte:

1. Visitar a sección de NOVIDADES na propia biblioteca.

Nesta sección podes atopar os últimos libros, cómics e as revistas que mercamos máis recentemente. Tamén podedes consultar as últimas novidades xa en catálogo e dispoñibles ao préstamo aquí.

 2. Visitar a páxina de MEIGA onde está rexistrado e catalogado a maior parte dos fondos.

Aí podes atopar todos os materiais que temos na biblioteca. Neste espazo de Meiga podes buscar por títulos, autores, materias,... así como ler opinións sobre algúns libros. Ademais, ofrece moitas posibilidades de búsqueda noutras bibliotecas e recomendacións de novas lecturas. Se tes dúbidas de como buscar, tes unha pequena guía abaixo como arquivo adxunto.

3. Visitar as persoas encargadas da biblioteca durante os recreos.

Lembra que durante os recreos están Renée (luns, mércores e xoves) e Mariluz (martes e venres). Atenden o préstamo e tamén poden axudarte na búsqueda ou recomendarche algo. Tamén podes preguntarlle aos axudantes de biblioteca do Voluntariado.

AdxuntoTamaño
Titorial Meiga.pdf813.21 KB
ELBE2_instrucions.pdf1.8 MB
E-Elbe.2.pdf367.26 KB


page | by Dr. Radut