Entroido 2016

A celebración do Entroido deste ano tivo lugar o mércores 3 de febreiro, con actividades a partir do recreo.

No concurso de comparsas resultaron gañadoras:

  • 1º premio: 3º de ESO
  • 2º premio: 4º de ESO

Recibiron mencións especiais Miguel de 4º e Ángel de 3º.


Son festivos o luns 8, o martes 9 e o mércores 10.

Viaxe a Roma, febreiro de 2016

O grupo de 3º realizará unha viaxe a Roma entre o 8 e o 12 de febreiro. Máis información.

Premio extraordinario de ESO para unha alumna do centro

Na convocatoria correspondente ao curso 2014/15, a Consellería de Educación concedeulle un premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico á alumna deste centro Alba Sendón Blanco.

Ligazón á noticia

Presentación do curso 2015/16

Convócase unha reunión coas familias para a presentación do novo curso para o luns 28 ás 18:10 na biblioteca do instituto.

16 de setembro: alerta laranxa

A Comisión Escolar de Alertas, diante do aviso de alerta laranxa durante o día 16 de setembro dende as 00.00 h ata as 15.00 h, por fortes rachas de vento, acordou a SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES NO EXTERIOR DAS INSTALACIÓNS dos centros educativos situados nos concellos da Comunidade, con seguimento das condicións climáticas.

Inicio do curso 2015/16

As actividades lectivas comezan o martes 15 no horario habitual, que é o seguinte:

  • Mañás: 8:40 - 14:10
  • Tardes do luns: 16:20 - 18:00

O calendario escolar pódese consultar aquí.

Axudas para a adquisición de material escolar para o curso escolar 2015/16

Convocatoria publicada no DOG do 1 de setembro (texto completo; resumo).

Requisitos

a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.

b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.

2. As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. O prazo de presentación de solicitudes será até o 2 de outubro.

Materias de libre configuración do centro

No curso 2015/16 introdúcese un currículo novo en 1º de ESO. Unha das novidades é a existencia dunha materia de libre configuración do centro, que no noso caso escollemos dunha relación proposta pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta materia de libre configuración do centro ten unha asignación de unha hora semanal. Con esta circular queremos explicar en que consisten as dúas materias de libre configuración que se impartirán en 1º de ESO, Investigación e Tratamento da Información e Oratoria.

Calendario de exames da convocatoria extraordinaria de setembro - Curso 2014/15

Os exames das materias pendentes realízanse na mesma hora que as materias correspondentes dos cursos superiores.

Distribuir contido