Presentación do curso 2010/11 ás familias

As familias do alumnado do centro están convidadas a unhas reunións na que se presentará o novo curso 2010/11. Serán o martes 21 na biblioteca do instituto e organízanse así:

  • 1º e 2º :  18.15
  • 3º e 4º : 19.00

Inicio do curso 2010/11

Materiais curriculares

Estas son as listaxes do material curricular requirido en cada un dos cursos.

Matrícula

Do 1 ao 10 de setembro. O alumnado que tivese que realizar exames en setembro debe agardar á entrega das cualificacións antes de se matricular. Máis abaixo hai máis información.

Inicio do curso

As clases comezarán o 17 de setembro, venres, coa presentación dos titores ás 12.00.

Exames de setembro - Curso 2009/10

Descargar

 

  • Exames 1, 2 e 3
  • Entrega de notas Mércores 8 a partir das 10.00
  • Prazo de reclamacións Até o venres 10 ás 10.00
  • Resolución de reclamacións 10 ás 12.00
  • Devolución de libros Até o 10
  • Matrícula Até o 10
  • Inicio das actividades lectivas Venres 17 ás 12

 

Horario de secretaría - Verán de 2010

Xuño

  • De 09.00 h. a 14.00

Xullo

  • De 10.00 h. a 13.00
  • A biblioteca está aberta ao préstamo

Agosto

  • Fechada

Matrícula para o curso 2010/11

Prazos

  • Ordinario (para o alumnado que aprobe todo en xuño): do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Extraordinario (para o alumnado que non se matriculase en xuño): do 1 ao 10 de setembro.

Requisitos

Todo o alumnado

  • Solicitude de matrícula (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envióuselle por correo a mediados de xuño; tamén é válida para matricularse en setembro.
  • Permiso de imaxe de menores (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envióuselle por correo a mediados de xuño.
  • Non se precisa foto. Facémola no centro no momento da matrícula.

1º de ESO

  • DNI
  • Tarxeta sanitaria
  • Libro de familia

3º e 4º de ESO

  • 1,12 euros para o seguro escolar

Fin de curso 2009/10

Este é o calendario de fin de curso:

  • 23 de xuño - Remate das clases
  • 25 de xuño, 11 h. - Entrega das notas. NON HAI TRANSPORTE ESCOLAR.
  • Até o 29. - Período de reclamacións
  • 30 de xuño - Resolución das reclamacións

O IES Lamas de Castelo participará na primeira fase do proxecto Abalar

O noso instituto foi seleccionado para participar na incorporación de portátiles para o alumnado no curso 2010/11. Cada alumno/a de 1º de ESO disporá dun portátil (que non poderá levar a casa) e as familias poderán acceder a información específica nun portal web que se creará con este fin.

Hai máis información aquí e aquí.

Festivo do Día das Letras 2010

O luns 17 de maio, Día das Letras, é festivo oficial. O martes 18 é día non lectivo no IES Lamas de Castelo.

Exames de pendentes

Os exames de pendentes terán lugar entre os días 10 e 14 de maio. Este é o calendario.

Xornadas culturais 2010

As xornadas culturais do curso 2009/10 terán lugar na semana do 3 ao 7 de maio. O xoves e venres coincidirá co intercambio co IES de Tomiño.

Programación

  • 1ºA
    • O obradoiro de compostaxe do luns pasa para o venres. No seu lugar haberá clase normal.
  • 2ºA
    • O obradoiro de compostaxe do luns pasa para o venres. No seu lugar haberá clase normal.
  • 2ºB
    • O obradoiro de compostaxe do luns pasa para o venres. No seu lugar haberá clase normal.
  • 3ºA
  • 4ºA
  • 4ºB
Distribuir contido