Inicio do curso 2012/13

As actividades lectivas do novo curso comezarán o luns 17 de setembro. Ese día seguirase o horario habitual do resto do curso, para o que os autobuses recollerán o alumnado nas paradas habituais de maneira que as clases comecen ás 8:45.

O horario de clases comeza ás 8.45 e remata ás 14.05, excepto os martes, nos que hai dúas clases á tarde, entre as 16:20 e as 18:00.

Exames de setembro - 2012

Este é o calendario de exames da convocatoria extraordinaria do curso 2011/12.

As cualificacións pódense recoller na secretaría do centro o venres 7 a partir das 10:00.

Final de curso 2011/12

Remate das actividades lectivas venres 22
Entrega de notas

Martes 26, 11h.

Non hai transporte escolar

Prazo de reclamacións Até o 28 ás 14:00
Resolución das reclamacións Venres 29

Matrícula para o curso 2012/13

Prazos

  • Ordinario (para o alumnado que aprobe todo en xuño): do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Extraordinario (para o alumnado que non se matriculase en xuño): do 1 ao 12 de setembro.

Requisitos

Todo o alumnado

  1. Solicitude de matrícula (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envíaselle por correo; tamén é válida para matricularse en setembro, polo que recomendamos que a garden até entón, de ser o caso.
  2. Permiso de imaxe de menores (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envíaselle por correo.
  3. Non se precisa foto. Facémola no centro no momento da matrícula.
  4. DNI dos pais/nais/titores legais

1º de ESO

  1. DNI
  2. Tarxeta sanitaria
  3. Libro de familia

3º e 4º de ESO

  1. 1,12 euros para o seguro escolar

 

Materiais curriculares para o curso 2012/13

Estas son as listaxes dos materiais requiridos para 1º de ESO, 2º de ESO, 3º de ESO, 3º de ESO-PDC e 4º de ESO.

Xornadas culturais 2012 e Día das Letras

As xornadas culturais deste ano realízanse os tres días da Semana das Letras: luns 14, martes 15 e mércores 16 (o venres 18 é non lectivo para o Lamas de Castelo). O programa é moi intenso e ocupa o horario completo destes tres días.

Cada grupo terá actividades distintas. O programa de cada un deles é o seguinte:

Avaliación de pendentes - 2012

Os exames de materias pendentes realizaranse na semana do 7 ao 11 de maio.

Avaliación de diagnóstico - 2012

A finalidade da avaliación de diagnóstico é contribuír a determinar o nivel de desenvolvemento das competencias básicas do alumnado, de cara a promover accións de mellora do sistema educativo. En consecuencia, a avaliación diagnóstica será formativa e orientadora para os centros e informativa para as familias e o conxunto da comunidade educativa. Así mesmo, carecerá de efectos académicos para o alumnado.

Esta proba ten lugar en todos os centros educativos da comunidade autónoma que imparten ensinanzas correspondentes a cuarto curso de educación primaria e segundo curso de educación secundaria obrigatoria e debe ser realizada por todo o alumnado destes niveis.

Curso 2011/12

As probas da avaliación correspondente a este curso terán lugar os días 9 e 10 de maio. As competencias básicas obxecto de avaliación serán a competencia en comunicación lingüística, a competencia matemática e a competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. O alumnado que realizará a proba será o que está a cursar 2º de ESO. 

As familias recibirán tamén un cuestionario de carácter confidencial que recibirán o día 10 e que deberán entregar o día 11.

Os centros educativos, con base na información contida nos informes de resultados, serán os encargados de informar as familias do resultado destas probas, que inclúen a media global da comunidade en cada unha das competencias avaliadas, xunto coa puntuación acadada polo centro. Ademais, achegarase información sobre a puntuación obtida en relación cos demais centros das súas características segundo o seu índice de desenvolvemento socioeconómico e cultural. En ningún caso se dará información desagregada por grupo ou alumnado individualmente.

 

Selección e nomeamento da Dirección

A dirección do IES Lamas de Castelo remata o seu mandato no actual curso académico 2011-2012, polo que procede convocar un concurso de méritos para seleccionar a nova dirección para o período 2012-1016.

O proceso está regulado polo Decreto 29/2007 e pola Orde do 12 de marzo de 2012.

[máis...]

Resultados da avaliación de diagnóstico 2010/11

Esta é a guía de intervención para a mellora a partir dos resultados da avaliación de diagnóstico aprobada polo Consello Escolar o 20 de marzo de 2012.

Escola de pais: O comportamento dos fillos/as

O martes 27 de marzo ás 18:15 horas terá lugar no IES Lamas de Castelo unha charla-coloquio sobre O COMPORTAMENTO DOS FILLOS/AS: A POSIBILIDADES DE CAMBIO.

Esta charla forma parte da escola de pais que organizan o Departamento de Orientación do IES Lamas de Castelo xunto co Servizo de Prevención de drogodependencias da Asociación Neria.

Distribuir contido