ERASMUS

Actividades de mobilidade de alumnado e profesorado vinculado coa Educación Superior matriculados ou impartindo docencia en Ciclos Formativos de Grao Superior. Outras actividades internacionais relacionadas coa educación entre centros de secundaria de distintos países tanto comunitarios como non comunitarios.

Convocatoria Erasmus+ profesorado 2022-2023

Convócase o proceso de selección de 5 prazas Erasmus+ para profesorado de ciclos superiores na modalidade de job shadowing (aprendizaxe por observación).

Podedes ler o texto completo da convocatoria no arquivo adxunto.

Alumnado seleccionado ERASMUS+ Ciclos superiores

Xa podedes consultar a listaxe provisional de alumnado seleccionado para as bolsas Erasmus+ para Ciclos superiores, así como a listaxe de agarda.

Parabéns a tódalas persoas seleccionadas! E as que quedaron en listaxe de agarda que non se desanimen, que sempre hai baixas, renuncias, etc. Aínda poden ter sorte.

Entrevistas ERASMUS+

Á volta das vacacións, o luns 16 de xaneiro temos a última fase do proceso de selección ERASMUS+ deste ano: as entrevistas persoais. Aquí podedes consultar a que hora lle toca a cada un.

Boas festas e moita sorte!

O IES A Guía nas Xornadas de Difusión Erasmus 2022

Co gallo das Xornadas de Difusión Erasmus e da celebración do 35 aniversario do programa, o SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) empregou na súa presentación a foto de divulgación do programa Erasmus plus do noso alumno Luis do CS de Acondicionamento Físico que acaba de rematar a súa estadía no estranxeiro Guay

erasmus

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer