Skip to Content

ERASMUS

Actividades de mobilidade de alumnado e profesorado vinculado coa Educación Superior matriculados ou impartindo docencia en Ciclos Formativos de Grao Superior. Outras actividades internacionais relacionadas coa educación entre centros de secundaria de distintos países tanto comunitarios como non comunitarios.

CONVOCATORIA ERASMUS+ PARA PROFESORADO

Convócanse 7 bolsas Erasmus+ para o profesorado de ciclos superiores do instituto.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 14 de febreiro

Máis información nas seguintes ligazóns:

- Texto completo da convocatoria

- Anexo I

- Anexo II

Charla informativa Erasmus+ Profesorado

O próximo xoves pola tarde imos ter unha charla informativa Erasmus+ para profesorado de ciclos superiores. Presentaremos a convocatoria KA131 desde ano, aclararemos dúbidas e escoitaremos as experiencias dos profes que foron o ano pasado. Non volo perdades!

Calendario de entrevistas Erasmus+ para ciclos superiores

Xa podedes consultar na seguinte ligazón o calendario de entrevistas como parte do proceso de selección para as bolsas Erasmus+ de ciclos superiores:

<<Clica aquí>>

Listaxe definitiva de admitidos Erasmus+ ciclos superiores

O alumnado solicitante de bolsas Erasmus+ para ciclos superiores xa pode consultar a listaxe definitiva de solicitudes admitidas na seguinte ligazón:

<<Clicar aquí>>

Nos vindeiros días publicarase o calendario de entrevistas selectivas.

Listaxe provisional alumnado admitido Erasmus + ciclos superiores

Xa podedes consultar a listaxe de alumnado admitido na convocatoria Erasmus+ para ciclos superiores, así como a listaxe de excluidos coas súas causas de exclusión. 

<<consultar listaxe aquí>>

Tedes 10 días naturais para presentar a documentación que vos falte.

Que ninguén se despiste!

Distribuir contido


by Dr. Radut