blogue dedirector

Agradecementos

Nestes momentos tan complicados, valoramos moitísimo as aportacións de persoas e empresas que tratan de axudar a que a volta ao noso centro sexa máis segura.

É o caso de Akzo Nobel Industrial Paints S.L., onde a nosa  ex-alumna M. Collazo impulsou a entrega dunha xenerosa partida de produtos de limpeza e equipos informáticos.

 

Guía de volta segura ás aulas:

Podes descargar a guía no arquivo adxunto.

Instruccións para o inicio do curso 2020-2021

Estimadas familias,

Despois duns meses cando menos atípicos, e conscientes da preocupación latente na comunidade educativa respecto ao inicio de curso, queremos informaros de que estamos traballando na elaboración dun "Plan de adaptación á situación Covid-19" de centro, para que a reincorporación do alumnado sexa o máis segura posible.

Dentro das medidas que levamos a cabo, contamos coa adaptación de espazos, sinalización, organización de quendas, horarios, desdobres, formación, plans de adaptación, reforzo na limpeza de espazos, etc.

CALENDARIO MATRÍCULA ESO / BAC

Luns 7 setembro ás 10:00 h  matricularase 1º ESO

Luns 7 setembro ás 11:30 h matricularase 2º ESO

Martes 8 setembro ás 10:00 h matricularase 3º e 4º ESO

Martes 8 setembro ás 11:30 h matricularase 1º e 2º BAC

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer