blogue dedirector

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

Segundo informou o presidente do goberno Pedro Sánchez amplíase o estado de alarma ata o día 26 de abril.

A partir do día 14 de abril dará comezo a 3º avaliación que se iniciará de xeito telemático. Permaneceremos á espera de novas instrucións sobre o curso escolar 2019-2020.

Informaremos de todas as novedades puntualmente.

 

PROLONGACIÓN CONTINXENCIA CORONAVIRUS

O Presidente do goberno Pedro Sánchez decreta 15 días mas de confinamento pola pandemia do coronavirus.De momento, está prevista ata o 11 de abril. Podedes informaros chamando ao centro.

Moito ánimo a todos e todas.

INFORMACION CENTRO CORONAVIRUS

Debido ao Estado de alarma promulgado polo goberno central os centros educativos permanecerán pechados . O equipo directivo estará de 10 a 13 horas por quendas.

Non se atenderán persoalmente senón vía telemática. Para calquera dúbida podedes contactar a través do correo electrónico do centro que consultaremos diariamente e contestaremos tamén de xeito diario.

As indicacións deben ser seguidas e así lograremos parar este virus.

Ánimo que xuntos podemos.

CHARLA SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL

O día 5 de febreiro celebrouse no IES A GUIA unha charla sobre "Diversidade afectivo-sexual" impartida pola Asociación NÓS MESMAS de Vigo.

Gustarianos agradecesr a presencia das familias no centro.

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer