Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Exames finais e extraordinarios da ESA- Curso 2023/2024

Calendario dos exames finais e extraordinarios da ESA do curso 2023-2024:

Exames finais da ESA. Módulos 2 e 4

Ámbito

Módulos

Data e hora

Comunicación e Inglés

2º e 4º

13-6-2024 ás 17:15

Científico-tecnolóxico

2º e 4º

12-6-2024 ás 18:45

Social

2º e 4º

12-6-2024 ás 17:15

 

Exames extraordinarios da ESA. Módulos 2 e 4

Ámbito

Módulos

Data e hora

Comunicación e Inglés

2º e 4º

21-6-2024 ás 17:15

Científico-tecnolóxico

2º e 4º

20-6-2024 ás 17:15

Social

2º e 4º

19-6-2023 ás 17:15

Calendario Probas libres Ciclos formativos

Datas e horarios das probas libres para o CM de Mantemento electromecánico

Datas e horariosdas probas libres para o CS de Administración e Finanzas

Datas das probas extraordinarias de módulos con perda de avaliación continua- Ciclos formativos- Curso 2023/24

Semana: Do 4 ao 10 de xuño de 2024

CICLOS FORMATIVOS
CM Mantemento Electromecánico

Departamento Instalación e MantementoDepartamento Mecanizado

Departamento Formación e Orientación Laboral

 

CS Mecatrónica Industrial
CM Mecanizado
CICLOS FORMATIVOS
CM Xestión Administrativa

Departamento Administración

Departamento Formación e Orientación Laboral

 

CS Administración e Finanzas
CICLO FORMATIVO

 CS Sistemas Telecomunicacións e Informáticos

 

Departamento Electricidade e Electrónica

Departamento Formación e Orientación Laboral

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

FPB Fabricación mecánica 

 Departamento de Mecanizado

FPB Servizos administrativos

 Departamento de Administración

Solicitude de libros de texto para o curso 2024/25

Aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria para o curso escolar 2024/25. O prazo de solicitudes rematará o 21 de xuño de 2024.

Orde do 7 de maio de 2024 (DOG, 20 de maio de 2024)

- O alumnado de todos os cursos de ESO pode solicitar a participación no Fondo Solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar.

- O alumnado con renda per cápita familiar igual o menor a 6.000 €, terá dereito a serlle prestados seis libros de texto.

- O alumnado con renda per cápita familiar comprendida entre 6.000 € e 10.000 €, terá dereito a serlle prestados catro libros de texto.

- O alumnado con renda per cápita familiar igual ou menor a 6.000 €, terá dereito a solicitar unha axuda para adquirir material escolar por importe de 75 €.

- O alumnado con renda per cápita familiar comprendida entre 6.000 € e 10.000 €, terá dereito a solicitar unha axuda para adquirir material escolar por importe de 60 €.

- Para o cálculo da renda per cápita, utilízase a Declaración da Renda do exercicio 2022. Haberá que sumar a Base Impoñible Xeral (casiña 435) e a Base Impoñible do Aforro (casiña 460). En declaracións individuais haberá que sumar as das dúas declaracións dos dous proxenitores.

 Obrigas das persoas beneficiarias:

 - Para ter dereito ao préstamo de libros de texto é necesario ter devoltos os libros de texto que o alumno/a recibira no curso 2023/24 con cargo ao Fondo Solidario ou ao Programa de Axudas para adquisición de libros de texto.

- Os libros de texto do curso 2023/24 serán devoltos en bo estado (sen subliñados, debuxos, destrozos, etc.) en horario de 10:00 a 13:30 h nos seguintes prazos:

Xoves 20 de xuño

Alumnos/as de 2º e 4º ESO 

Venres 21 de xuño

Alumnos/as de 1º e 3º ESO 

- Os libros que reciba en préstamo para o curso 2024/25 deberán de conservarse en bo estado, e terán que ser devoltos ao Instituto en xuño de 2025. 

 Presentación de solicitudes:

• As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal entre o 21 de maio e o 21 de xuño de 2024. Se non fora posible a presentación por vía telemática, presentaranse no modelo ED330B que poden descargar na páxina web do centro ou se lles facilitará no propio centro.

ANEXO I e ANEXO II

• Se dous ou máis fillos cursan a ESO neste centro e presentan a solicitude telemáticamente, deben facer unha solicitude para cada fillo. No caso de facer a solicitude en papel, incluiranse na mesma solicitude os datos de todos os fillos que cursen a ESO no mesmo centro. 

• Para o alumnado de 4º ESO que repita o prazo de presentación de solicitudes será un mes despois da formalización da matrícula. 

• Xunto coa solicitude, entregarase unha copia do libro de familia.

• O 12 de xullo de 2024, publicaranse no taboleiro de anuncios do Centro as listaxes provisionais de solicitudes admitidas.

• As reclamacións contra as listaxes provisionais faranse os días 15 e 16 de xullo.

• As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2024.

Entrega dos libros de texto e dos vales para adquisición de material escolar:

     • Os libros serán entregados ao alumnado a partir do 11 de setembro de 2024.

    • Os vales para material escolar recolleranse a partir do 2 de setembro de 2024.

Graduación 2º BAC Promoción 2022-2024

O venres 24 de maio celebrouse o acto de graduación de 2º de Bacharelato da promoción 2022-2024. Parabéns aos nosos alumnos e alumnas! Podedes ver as fotos do acto no Álbum acto de graduación.

foto acto graduación 2º bac

Obradoiro de habilidades de comunicación para o alumnado

O pasado martes 14 de maio, os alumnos e alumnas de 1º curso dos ciclos formativos de Formación Profesional participaron nuns obradoiros nos que traballaron as súas HABILIDADES DE COMUNICACIÓN con Xaquín Domínguez (Bével Consultoría y Servicios Profesionales S.L.), actor profesional en activo con moitos anos de experiencia no sector audiovisual, que xa estivo no noso centro no pasado outono.

Estes obradoiros forman parte das actividades organizadas pola Aula de Emprendemento do IES Gregorio Fernández, ás que se dará continuidade o próximo curso académico. Están financiadas na súa totalidade polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Reparto de 2023) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Podedes ver máis fotos do obradoiro no seguinte álbum.

foto obradoiro comunic.

Visita didáctica á cidade de A Coruña

Un grupo de alumnos e alumnas do noso centro visitaron a cidade da Coruña e tiveron a oportunidade de coñecer os sitios máis emblemáticos da cidade.

foto cidade A Coruña

Semana das Letras Galegas

Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, organizamos no noso centro unha serie de actividades moi variadas, nas que puido participar toda a nosa comunidade educativa, con diferentes actos que se foron desenvolvendo ao longo destes días:

  • Correlingua
  • Exposición de libros e carteis
  • Mostra de letras e violino doces
  • Concurso Rosco arredor de Luísa Villalta
  • Contacontos a cargo do voluntariado da nosa biblioteca, unha adaptación do conto Violino, Inglesa e o libro xigante dirixido ao público infantil dos colexios públicos de Sarria (Escola Xela Arias e o Colexio Frei Luis de Granada).
  • Saída ao Camiño de Santiago do alumnado de ciclos para espallar versos, verbas e xestas entre os peregrinos, agasallándoos cunha postal de Luísa Villalta e cun ramillo de xesta, flor típica da nosa terra. 

Tedes máis información e fotos das actividades no Instragam da Biblioteca e no blog da Biblioteca Fiz Vergara Vilariño: Contacontos Luisa Villalta, Rosco Luísa Villalta e Espallando versos, verbas e xestas no Camiño.

Visita Olería de Gundivós

O alumnado de 1° ESO o venres día 10 de maio visitou a "Olería de Gundivós" onde viu como se moldea o barro para facer unha xarra. Tamén viron o miradoiro de Cadeiras, a torre de Monforte, o barrio xudeu e Os Escolapios.

Podedes acceder ás fotos da xornada no seguinte álbum Visita Olería de Gundivós.

Foto visita Olería de Gundivós