Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Exames finais e extraordinarios da ESA- Curso 2023/2024

Calendario dos exames finais e extraordinarios da ESA do curso 2023-2024:

Exames finais da ESA. Módulos 2 e 4

Ámbito

Módulos

Data e hora

Comunicación e Inglés

2º e 4º

13-6-2024 ás 17:15

Científico-tecnolóxico

2º e 4º

12-6-2024 ás 18:45

Social

2º e 4º

12-6-2024 ás 17:15

 

Exames extraordinarios da ESA. Módulos 2 e 4

Ámbito

Módulos

Data e hora

Comunicación e Inglés

2º e 4º

21-6-2024 ás 17:15

Científico-tecnolóxico

2º e 4º

20-6-2024 ás 17:15

Social

2º e 4º

19-6-2023 ás 17:15

Calendario Probas libres Ciclos formativos

Datas e horarios das probas libres para o CM de Mantemento electromecánico

Datas e horariosdas probas libres para o CS de Administración e Finanzas

Datas das probas extraordinarias de módulos con perda de avaliación continua- Ciclos formativos- Curso 2023/24

Semana: Do 4 ao 10 de xuño de 2024

CICLOS FORMATIVOS
CM Mantemento Electromecánico

Departamento Instalación e Mantemento/ Departamento Mecanizado

Departamento Formación e Orientación Laboral

 

CS Mecatrónica Industrial
CM Mecanizado
CICLOS FORMATIVOS
CM Xestión Administrativa

Departamento Administración

Departamento Formación e Orientación Laboral

 

CS Administración e Finanzas
CICLO FORMATIVO

 CS Sistemas Telecomunicacións e Informáticos

 

Departamento Electricidade e Electrónica

Departamento Formación e Orientación Laboral

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

FPB Fabricación mecánica 

 Departamento de Mecanizado

FPB Servizos administrativos

 Departamento de Administración

Obradoiro de habilidades de comunicación para o alumnado

O pasado martes 14 de maio, os alumnos e alumnas de 1º curso dos ciclos formativos de Formación Profesional participaron nuns obradoiros nos que traballaron as súas HABILIDADES DE COMUNICACIÓN con Xaquín Domínguez (Bével Consultoría y Servicios Profesionales S.L.), actor profesional en activo con moitos anos de experiencia no sector audiovisual, que xa estivo no noso centro no pasado outono.

Estes obradoiros forman parte das actividades organizadas pola Aula de Emprendemento do IES Gregorio Fernández, ás que se dará continuidade o próximo curso académico. Están financiadas na súa totalidade polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Reparto de 2023) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Podedes ver máis fotos do obradoiro no seguinte álbum.

foto obradoiro comunic.

Visita didáctica á cidade de A Coruña

Un grupo de alumnos e alumnas do noso centro visitaron a cidade da Coruña e tiveron a oportunidade de coñecer os sitios máis emblemáticos da cidade.

foto cidade A Coruña

Semana das Letras Galegas

Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, organizamos no noso centro unha serie de actividades moi variadas, nas que puido participar toda a nosa comunidade educativa, con diferentes actos que se foron desenvolvendo ao longo destes días:

  • Correlingua
  • Exposición de libros e carteis
  • Mostra de letras e violino doces
  • Concurso Rosco arredor de Luísa Villalta
  • Contacontos a cargo do voluntariado da nosa biblioteca, unha adaptación do conto Violino, Inglesa e o libro xigante dirixido ao público infantil dos colexios públicos de Sarria (Escola Xela Arias e o Colexio Frei Luis de Granada).
  • Saída ao Camiño de Santiago do alumnado de ciclos para espallar versos, verbas e xestas entre os peregrinos, agasallándoos cunha postal de Luísa Villalta e cun ramillo de xesta, flor típica da nosa terra. 

Tedes máis información e fotos das actividades no Instragam da Biblioteca e no blog da Biblioteca Fiz Vergara Vilariño: Contacontos Luisa Villalta, Rosco Luísa Villalta e Espallando versos, verbas e xestas no Camiño.

Visita Olería de Gundivós

O alumnado de 1° ESO o venres día 10 de maio visitou a "Olería de Gundivós" onde viu como se moldea o barro para facer unha xarra. Tamén viron o miradoiro de Cadeiras, a torre de Monforte, o barrio xudeu e Os Escolapios.

Podedes acceder ás fotos da xornada no seguinte álbum Visita Olería de Gundivós.

Foto visita Olería de Gundivós

Correlingua 2024

O mércores 8 de maio, o noso grupo de 1º ESO trasladouse ata Lugo para celebrar o Correlingua, unha festa na que nos xuntamos dezaseis centros de Lugo e da súa comarca para animar e reivindicar o uso da nosa lingua entre a xuventude en tódolos seus ámbitos, non só no escolar, co lema Dende aquí até acolá,  galego xa!

Podedes acceder ao seguinte álbum Correlingua 2024 para ver as fotos da actividade.

andaina Correlingua 2024

Actividade de emprendemento

O mércores 8 de maio, celebrouse no noso centro unha actividade de emprendemento dentro do programa Eduindustria da Consellería de Educación. O noso alumnado de 1º dos ciclos formativos a través dun xogo  aprenderon de forma dinámica e divertida a emprender.

foto actividade Eduindustria