Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Pablo Monteagudo Lago, Premio Extraordinario de Bacharelato 2016-2017

Pablo Monteagudo Lago, alumno do IES Plurilingüe Fontexería, obtivo un dos Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2016-2017.

Pudo optar a ditos premios xa que tivo unha media  de 10 nos dous cursos de Bacharelato.

A proba estivo estruturada en dúas partes: unha baseada nun comentario crítico dun texto de carácter histórico e unha análise dun texto en inglés, e unha segunda parte cun exame de matemáticas.

Recoñecemento da USC aos mellores resultados na parte obrigatoria da ABAU

Tamara Castro e Pablo Monteagudo no acto de recoñecemento

A XXVIII Semana Cultural en marcha

A XXVIII edición da Semana Cultural do IES Fontexeria está en pleno rendemento.

Até agora varias películas, obradoiros, colaboracións co CEIP Ramón de Artaza, diversas charlas divulgativas, exposicións ...

Como pratos fortes nestes dous primeiros días podemos destacar a presentación do libro Un Cesto de Mazás, coa presenza da súa autora Montse Fajardo, ou a subida á Moa (Monte Pindo).

Premio Plan Proxecta 2016

A Dinamización de Igualdade do IES Fontexería obtivo o terceiro Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016, na categoría de centros públicos integrados, institutos de educación secundaria, centros públicos de educación e promoción de adultos e conservatorios de música. O premio ten unha dotación económica de 2.000 euros.

Parabéns!

Voeux pour la nouvelle année

On vous laisse le lien de la petite vidéo que L´APFG a réalisée pour dire bonjour à l´année 2016... Ainsi soit-il...

Primeiro Premio Extraordinario da ESO para un alumno do IES Plurilingüe Fontexería

Premio Extraordinario ESOPablo Monteagudo Lago, alumno do IES Plurilingüe Fontexería recibiu a cualificación máis alta de Galicia na proba dos Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2014/2015.

Puido optar a ditos premios xa que tivo unha media das cualificacións dos catro cursos da ESO de 9,93.

A proba estivo estruturada en dúas partes: unha relacionada coas linguas e outra parte con  xeografía e historia, matemáticas e unha materia optativa que no seu caso foi física e química, materia na que recibiu tamén a cualificación  máis alta.

O premio está dotado cunha contía de 750 euros, unha distinción no seu expediente académico e un diploma acreditativo que lle será entregado proximamente. Terá a posibilidade de concorrer aos premios nacionais da ESO.

Parabéns!

Phrases Féminisme

Vídeo elaborado polo Departamento de Francés en colaboración coa Dinamización das TIC para o progama Donas de Si.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut