Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

A XXVIII Semana Cultural en marcha

A XXVIII edición da Semana Cultural do IES Fontexeria está en pleno rendemento.

Até agora varias películas, obradoiros, colaboracións co CEIP Ramón de Artaza, diversas charlas divulgativas, exposicións ...

Como pratos fortes nestes dous primeiros días podemos destacar a presentación do libro Un Cesto de Mazás, coa presenza da súa autora Montse Fajardo, ou a subida á Moa (Monte Pindo).

Mañá mércores disfrutaremos do espectáculo "Moita poesía, pouca diversión", do duo ALDAOLADO e o xoves teremos a estrea absoluta da obra "As aventuras de Gale", espectáculo de títeres e música a cargo da Xanela do Maxín, á que asistirán tamén alumnas e alumnos do CEIP Ramón de Artaza e do IES As Insuas.

E finalizaremos as celebracións o venres con Taichi, Parkour e a actuación da banda jazz SUMRRÁ.

Convidamos ademáis ás nais e pais do noso alumnado a visitar dúas das exposicións que integran a oferta: a exposición fotográfica da Asociación Fotográfica de Muros (AFM) baixo a temática "O Pequeno é Grande" e a aula tradicional cedida polo Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA).

Vaia desde aquí o noso agradecemento a todo o profesorado, alumnado e persoal non docente do centro pola colaboración con esta Semana, asi como ao Concello de Muros, ANPA, Autos Comparado, Carpintería Hnos. Fiúza e Casal Cotón, polo seu apoio.

Podedes consultar o PROGRAMA COMPLETO.

AdxuntoTamaño
2017tripticoSCweb.pdf6.84 MB


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut