Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Blogues

Mulleres nas Ciencias

Logo de celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro), desenvolvemos un proxecto para crear unha táboa periódica de mulleres científicas. Baixo coordinación do Departamento de Física e Química e Dinamización de Igualdade, traballouse con alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato. O resultado pódese ver no corredor do centro onde se atopan os laboratorios de ciencias: 

 

PROXECTO DE VIDA ACTIVA DE DEPORTIVA 22-23 _ RECREOS ACTIVOS ll

Unha das novidades neste 22-23 foi introducir o Spikeball , deporte de colaboración oposición, con espazo compartido e participación alternativa. Despois dunhas primeiras aproximacións aos fundamentos técnicos e regramento, o alumnado xa comeza a afondar na comprensión do seu eido táctico , con similitudes cos deportes de pala/raqueta e ou rede. 

Proba disto, o gran ambiente que se vive durante os recreos!! GO GO GO 

SPIKEBALL _ REGRAMENTO

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA 22-23 _ RECREOS ACTIVOS

O proxecto de Vida Activa e Deportiva neste 22-23  foi deseñado polo grupo de traballo cun claro obxectivo, abordar a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento , dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado. 

CARTEL DE RECREOS ACTIVOS 22-23_ IES FONTEXERÍA

XORNADA LOCAL _ CAMPO A TRAVÉS 22-23 _ NOIA

O pasado 30/11/2022 participamos na Xornada Local de campo a través. Desfrutamos dunha gran xornada onde acadamos moi bos resultados, pero sobretodo pasamolo moi ben. A rapazada comportouse de xeito escelente e amosaron un gran sentimento de equipo , proba disto a chegada a meta na categoría cadete masculino na que Pablo Lestón e Jesús García chegaron da man a meta.

Premios: mellor artigo de investigación e mellores oradoras

O pasado mércores 15 de decembro os alumnos e alumnas do IES Fontexería recolleron de mans da conselleira de Política Social os premios ao mellor artigo de investigación e aos mellores oradores do Parlamento Xove 2021. Noraboa a Clara, Uxía, Paloma e Manel.

 

O Black Friday a debate

Este mércores no marco da materia de Debate de 2º de Bacharelato tivemos ocasión de celebrar un encontro de posturas en torno ao acontecemento do Black Friday e as súas implicacións. As posturas oscilaron ao longo dun amplo espectro que os alumnos e alumnas enriqueceron con reflexións en torno á responsabilidade individual e colectiva e ao influxo da publicidade e dos grupos sociais nas tomas de decisións.

Arranca de novo a ENAPA

O xoves 25 de novembro ás 18:00 retómanse as charlas da ENAPA (Escolas de Nais e Pais) que foran interumpidas polo confinamento. Celebrarase no salón de actos do instituto.
Tema: "Perigo que as familias ignoran: alcol, drogas, apostas..."
Poñente: Susana Otero Iglesias

O andel violeta

Dende o curso 2020/2021 a Biblioteca do Fontexería conta cun novo espazo: O ANDEL VIOLETA. Nel atópanse numerosos libros de diferentes xéneros que tratan temáticas coma a diversidade afectivo-sexual, o bo trato, o apoderamento feminino, as novas masculinidades, a gordofobia... Todos eles son ferramentas que nos axudan a construír un centro máis diverso e igualitario. 

Mulleres nos deportes

Durante este curso desde o Fontexería tamén quixemos darlle visibilidade e impulso á presenza das mulleres nos deportes. 

365 días argallando

Ademais das diferentes actividades organizadas desde o centro en maternia de igualdade, este curso contamos con varias propostas incluídas no Plan Proxecta "365 Días de Respecto e Igualdade". 

Obradoiros Pantallas amigas

Estes obradoiros programáronse para todos os cursos da ESO en formato videoconferencia. Por mor disto, este ano houbo numerosas dificultades técnicas que impediron que se desenvolveran con normalidade, se ben en esencia saíron adiante. 

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut