Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA 22-23 _ RECREOS ACTIVOS

O proxecto de Vida Activa e Deportiva neste 22-23  foi deseñado polo grupo de traballo cun claro obxectivo, abordar a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento , dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado. 

Na búsqueda de acadar este obxectivo , os recreos activos son unha das actividades que máis pode permitirnos dentro do horario lectivo influir no noso alumnado, xa que falamos de 200 minutos semanais , recordando que a carga na ESO de Educación Física e de 100 minutos semanais, moi lonxe dos 60 minutos diarios que a OMS recomenda de actividade física moderada a vigorosa na poboación infantil-adolescente.

Así pois, recoñecendo a importancia dos recreos activos e despois dunhas primeiras semanas de observación e análise da realidade ( deportes máis practicados, espazos e grupos de maior ocupación e demanda.. ) , deseñamos o seguinte cartel de organización e distribución semanal de actividades, buscando satisfacer demandas observadas amáis de introducir deportes novedosos, con enfoque coeducativos e favorecedores de inclusión.

 

CARTEL DE RECREOS ACTIVOS 22-23_ IES FONTEXERÍA


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut