Mulleres nos deportes
Durante este curso desde o Fontexería tamén quixemos darlle visibilidade e impulso á presenza das mulleres nos deportes.
Arredor do 8 de marzo o departamento de Educación Física organizou a actividade "O noso dorsal". Así, alumnado e profesorado participou nesta andaina simbólica e reivindicativa que tiña como eixo temático o dorsal 261. Este número foi o que portou Kathrine V. Switzer en Boston en 1967, sendo a primeira muller en percorrer un maratón cun dorsal oficial (fíxoo, iso si, clandestinamente; pois a súa participación fora previamente vetada).
Ademais, o alumnado puido participar no xogo-concurso "Adiviña quen son as deportistas", unha especie de quen é quen a partir de deportistas muradás (pódense consultar as bases no anexos).
Por outra banda, desde este departamento tamén se desenvolveu a iniciativa "Deporte en feminino e plural". Deste xeito, o alumando de Bacharelato encargouse de dinamizar os momentos de lecer procurando a participación das rapazas en actividades deportivas, integrándose así en espazos habitualmente moi masculinizados.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
"Adiviña quen son as deportistas".pdf | 6.38 MB |