Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Blogues

A violencia a debate

O alumnado da materia de "Debate" de  2º BAC traballou a violencia de xénero desde a perspectiva xa habitual no centro de conxugar a Pirámide da Violencia e Escaleira da Violencia de Pepa e Pepe. Aceptaron, ademais,escribir de forma anónima, indicando exclusívamente o seu sexo, as experiencias de violencia sexista que vén na súa contorna. Por respeto ao anonimato, non reproducimos fotografías completas das narracións, pero si algúns extractos que nos confirman a importancia fundamental de seguirmos coeducando.

 

debate3.jpg

Obradoiros de igualdade separando por sexos

Un curso máis, e comezamos os xa tradicionais-para o centro- obradoiros separando por sexos nas titorías de 3º ESO, a mediados de outubro... Unha ocasión para que alumnas e alumnos reflexionen por separado sobre os mandatos de xénero que recibiron desde a infancia, sobre o que significa ser home ou muller, e como lles afecta na súa vida cotiá. Unha oportunidade para reflexionar desde a adolescencia sobre que persoa adulta queren chegar a ser...é dicir, que aprendizaxes deben atesourar e cales deben desaprender.

8 índice tío cállate.jpg

"Home Ground", a serie que engancha a todo o alumnado

Dentro da procura de material de actualidade e cercano ao alumnado para abordar a desigualdade entre homes e mulleres, atopamos a serie norueguesa "Home Ground" que engancha por igual a alumnas e alumnos, que derriba resistencias masculinas e empodera as alumnas cun exemplo de muller que loita polo súa paixón: ser adestradora de fútbol de primeira división...masculina.

home ground.jpeg

Teatro e rap contra a violencia de xénero

Entre as actividades de preparación para a xornada do 25N, o alumnado de 4º ESO realizou nas horas de titoría unha teatralización e adaptación ao galego da Historia de Pepa e Pepe, que deixamos nesta entrada para todas e todos vós. Tamén achegamos o rap realizado por un alumno de bacharelato como outro exemplo de que todas as manifestiacións artísticas poden adaptarse a mensaxes de liberdade.

SEMPRE LIBRE E VIVA

A campaña do 25N do noso instituto realizouse este ano baixo o lema "SEMPRE LIBRE E VIVA".

Alumnado de primeiro ciclo da ESO repartiu ramiños de "semprevivas" a todo o profesorado e alumnado do centro, que vestiron de negro en memoria "das que faltan". 

Realizouse tamén un mural co nome de todas as vícitmas da violencia machista en España ao longo deste ano- incluíndo menores, familiares...-, e cubríronse as paredes con mensaxes que convidan a reflexionar sobre como eliminar a violencia cara as mulleres.

CHAPAS2.jpg

O alumnado de "Coeducación para o século XXI" explica as causas e consecuencias da violencia machista

O alumnado da materia de 1º BAC "Coeducación para o século XXI", impartiu na Sala de Cultura do Concello de Muros unha charla sobre a Pirámide da Violencia de Xénero e a Escalera da Violencia, a alumnado de 3º e 4º ESO do noso centro e do IES As Ínsuas.A charla foi a culminación da análise de todos os elementos da pirámide ao longo de varias semanas, e resultado dun traballo en equipo de todo o alumnado da materia.

14 charla cosec3.jpg

Obradoiro de prevención de violencia de xénero 2º ESO

No marco das actividades organizadas no instituto para preparar a xornada do 25N, Día Internacional de Loita contra a Violencia cara as Mulleres, desenvolveuse no centro un Obradoiro de Prevención de Violencia de Xénero, organizado polo CIM de Muros, destinado a alumnado de 2º ESO.

Como vén sendo habitual, a participación do alumnado mellora curso tras curso, resultando evidente o labor desenvolvido nos cursos de Primaria desde hai uns anos!

 

2 CIM 9.jpg

Obradoiro de autodefensa feminina

Alumnas do IES Plurilingüe Fontexería participan no obradoiro de "Autodefensa feminina" organizado o sábado  5 de Outubro polo concello de Muros. Esta participación encádrase na habitual colaboración do centro co CIM muradá.

Curso autodefensa Muros.jpg
Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut