Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Blogues

Homenaxe a Belén Feliú

Nos últimos anos NL, en colaboración con Dinamización de Igualdade celebrou o "Día das Galegas nas Letras",para denunciar a discriminación das escritoras na celebración do Día das Letras Galegas. 

Este ano, dedicado a Mª Victoria Moreno optouse por manter a actividade de visibilización de escritoras galegas,paralelo á celebración do 17 de Maio, facéndolle unha homenaxe á escritora e antiga profesora deste instituto Belén Feliú. A lectura de poemas da autora por parte de alumnado do centro foi gravada en vídeos dos que faremos a edición completa á volta do verán.

 

Ética e Filosofía con perspectiva de xénero

Na materia de Ética e Filosofía do Dereito, así como en Valores Éticos a perspectiva de xénero está presente de xeito transversal de maneira constante. Deixamos aquí algúns dos traballos realizados polo alumnado que o reflicten:

-A droga do amor, de Lorena Ferreirós, en Valores Éticos

-Universalismoe e relativismo: a discriminación da muller, de Brais Pena, en Ética e Filosofía do Dereito

- Misoxinia no Dereito, de Marta León, en Ética e Filosofía do Dereito

Volven "Aldaolado" ao Fontexería

O dúo poético-musical composto por Lucía Aldao e María Lado son un exemplo de trasversalidade educativa...música, poesía, normalización lingüística, igualdade...Mulleres así de creativas e empoderadas sirven de exemplo para as nosas alumnas e son un divertido revulsivo para o machismo. Parabéns ao departamento de galego e a NL por teren as gafas violetas postas en cada proposta que fan.

R5.jpg

Eva Mejuto está connosco "22 segundos"

O noso alumnado de 4º ESO puido escoitar e debater con Eva Mejuto sobre o libro que leron no segundo trimestre do curos, "22 segundos".

eva3.jpg

Difundindo o noso proxecto coeducativo

Nos meses de febreiro e marzo o IES Plurilingüe Fontexería foi convidado a visibilizar o seu proxecto coeducativo en actos organizados polo CFR da Coruña, Ourense e o CAFI en Compostela. Tamén recibimos o convite para participar nas III Xornadas de Coeducar en Igualdade organizadas polo sindicato STEG, así como a colaborar coa revista EDUGA cun artigo sobre os obradoiros de Novas Masculinidades que desenvolvemos cos alumnos varóns.

IMG-20180215-WA0001.jpg

Vídeo Fórum Muller e Deporte

O 14 de marzo chegou o "Gisele" a Muros, un temporal que fixo moi acaído o título do Vídeo Fórim que tivo lugar no IES Fontexería en colaboración coa deputación da Coruña: "Conquista dos Elementos".

R1.jpg

Mírame ! Son filósofa!

O departamento de Filosofía, tan activo a prol da igualdade entre homes e mulleres, inzou os corredores do instituto de mulleres filósofas que demandan a visibilidade que se lles nega nos libros de texto. Unha fermosa iniciativa inspirada no cartaz que adxuntamos!

Rfilosofas.jpg

Suffragettes

O departamento de Inglés desenvolveu neste curso as actividades que no curso pasado tiveron mellor acollida entre o alumnado: visionado das películas Suffragettes, Pride and Prejudice e Jane Eyre, todas elas durante a Semana Cultural.

 

7.jpg
Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut