Difundindo o noso proxecto coeducativo
Nos meses de febreiro e marzo o IES Plurilingüe Fontexería foi convidado a visibilizar o seu proxecto coeducativo en actos organizados polo CFR da Coruña, Ourense e o CAFI en Compostela. Tamén recibimos o convite para participar nas III Xornadas de Coeducar en Igualdade organizadas polo sindicato STEG, así como a colaborar coa revista EDUGA cun artigo sobre os obradoiros de Novas Masculinidades que desenvolvemos cos alumnos varóns.
Ademais da satisfacción de poder explicar o que levamos aprendido estes anos, tivemos a fortuna de poder escoitar outros proxectos e iniciativas que nos deron novos azos e ideas!