Suffragettes
O departamento de Inglés desenvolveu neste curso as actividades que no curso pasado tiveron mellor acollida entre o alumnado: visionado das películas Suffragettes, Pride and Prejudice e Jane Eyre, todas elas durante a Semana Cultural.
Ademais, elaborouse un cuestionario sobre as campañas contra o movemento sufraxista para que o alumnado de 4º ESO analizara devagar a exposición de carteis que se expuso nos corredores do centro.Completouse esta aproximación a un dos fitos históricos do feminismo co visionado de "Suffragettes-Stories from Parliament (Part 1 and 2)", facilmente atopables en youtube.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
quiz.pdf | 126.54 KB |