Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

SEMPRE LIBRE E VIVA

A campaña do 25N do noso instituto realizouse este ano baixo o lema "SEMPRE LIBRE E VIVA".

Alumnado de primeiro ciclo da ESO repartiu ramiños de "semprevivas" a todo o profesorado e alumnado do centro, que vestiron de negro en memoria "das que faltan". 

Realizouse tamén un mural co nome de todas as vícitmas da violencia machista en España ao longo deste ano- incluíndo menores, familiares...-, e cubríronse as paredes con mensaxes que convidan a reflexionar sobre como eliminar a violencia cara as mulleres.

No primeiro ciclo da ESO o alumando elaborou chapas con mensaxes da campaña "Muros en Negro" e outra edición da Pirámide da Violencia de Xénero, que serviría de base para a charla que o alumnado de bacharelato impartiu ao alumnado de 2º ESO sobre o sentido da pirámide como ferramenta explicativa do fenómeno da violencia cara as mulleres.

O alumnado de 3º e 4º da ESO participaron, nesta xornada, no acto organizado no concello para alumnado  tamén do IES das Ínsuas. Neste ano, a primeira promoción do IES Plurilingüe Fontexería da materia Coeducaciòn para o Século XXI debullou a relación entre a pirámide da violencia, construída socialmente, e a escaleira da violencia reflectida na historia de Pepa e Pepe, de Carme Ruíz Repullo. É dicir, como dunha sociedade profundamente machista, xurden subxectividades masculinas maltratadoras e mulleres maltratadas.

PIRÁMIDE4.jpg
4 pirámide violencia_0.jpg
5 cando.jpg
5 as que faltan1.jpg
5 alumnas.jpg
5 25N.jpg
5 chapas.jpg
5 Fidel.jpg
5frases 25 N.jpg
5 sempre libre e viva.jpg
5 mariam e amadora.jpg
5 frases na columna.jpg
5 imaxe sempre libre e viva.jpg
CHAPAS1.jpg
PIRAMIDE3.jpg
PIRAMIDE2.jpg
PIRÁMIDE1.jpg
CHAPAS2.jpg
AdxuntoTamaño
5 imaxe sempre libre e viva.jpg64.32 KB


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut