Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Un Grupo de catro alumnas de 2º Bacharelato premiadas na I Edición do Desafío GenTech da empresa Altia.

O grupo "XARDA", formado por Maruxa Fiúza Tajes, Eva Pérez Gómez, Paula Portals Lestón e Antía Rey Abeijón, alumnas de 2º Bacharelato no IES Plurilingüe Fontexería, co proxecto titulado "Cam-bio",  gañador da I Edición do Desafío GenTech da empresa Altia. O xurado de Altia resolve por unanimidade que o seu é "o traballo que mellor se axusta aos criterios de orixinalidade e calidade, grao de innovación, xeración de valor engadido no ámbito para o que se presenta e viabilidade técnica."

VI Carreira Pedestre

O vindeiro día 21, coincidindo coa finalización das clases, celebraremos a VI Carreira Pedestre do IES Fontexería.

Este ano, os ingresos que se recaden por inscricións serán destinados a colaborar coa organización Médicos sen Fronteiras, en apoio das súas campañas en favor dos colectivos desfavorecidos e con necesidades médicas, nutricionais ou humanitarias.

A carreira conta coa colaboración da Policía Local e de Eleuterio Balayo SL.

Parabéns ao equipo cadete de remo

Esta fin de semana recibimos a nova do Campionato de España da batéis, logrado en Vigo polo equipo cadete do Clube de Remo de Muros, integrado polos nosos alumnos Luís Santos Lourido, Gabriel Fernández Lago, Gabriel Romero Barreiros e Iván Novío París, patroneados por Irene Lamela Iglesias.

Parabéns á tripulación e ao clube polo bo traballo realizado nos últimos anos e polo éxito colleitado. 

Finalizada unha nova edición de Semana Cultural

Finalizou con éxito a XXX Semana Cultural do instituto, celebrada baixo o lema "Trinta" durante os días 8 ao 12 de abril.

A xornada final lcontou coa presenza de Djibril Fayé, de Ecos do Sur, e da cantante e compositora Mounqup, que nos ofreceu unha master class seguida dunha actuación, para dar paso aos actos de clausura que contaron cun concerto do alumnado de Música e coa entrega de premios e agasallos.

XXX Semana Cultural do IES Plurilingüe Fontexería

Xa está en marcha a XXX Semana Cultural do IES Plurilingüe Fontexería, que se celebrará baixo o lema "Trinta", do 8 ao 12 de abril.

Celebración do Día Contra a Violencia de Xénero

Hoxe celebramos no IES Plurilingüe Fontexería o Día Contra a Violencia de Xénero, coa participación activa de todas e todos as/os que formamos parte da comunidade escolar.

Reapertura do servizo de cafetaría

Informamos que unha vez resolto por parte da Consellaría de Educación o procedemento de adxudicación do servizo de cafetaría, este servizo comezará a funcionar con normalidade a partir do vindeiro mércores día 26 de setembro.

Reiteramos as nosas desculpas polos transtornos ocasionados a toda a comunidade educativa.

IMPORTANTE: Información de comezo de curso sobre o servizo de cafetaría

Informamos que, debido ao cambio na normativa sobre a concesión dos servizos de cafetaría dos centros sostidos con fondos públicos, este servizo permanecerá pechado durante estes primeiros días de clase e até novo aviso.

V Carreira Pedestre Fontexería

O pasado día 21 de xuño celebrouse a V Carreira Pedestre cun éxito de participación.

Agradecemos a colaboración de toda a comunidade educativa, que permitiu recadar a cantidade de 1.060 € que serán destinados integramente ao proxecto de construción de vivendas para familias con escasos recursos, no municipio de Guerra (República Dominicana).

Esta campaña está liderada pola veciña do noso concello, Alicia Heinrich.

Recoñecemento da USC aos mellores resultados na parte obrigatoria da ABAU 2018

Parabéns a Maica, Marta e Noemí e as aúas familias polos resultados acadados na ABAU 2018 e polo seu recoñecemento na recepción da USC aos mellores resultados!!

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut