Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Un Grupo de catro alumnas de 2º Bacharelato premiadas na I Edición do Desafío GenTech da empresa Altia.

O grupo "XARDA", formado por Maruxa Fiúza Tajes, Eva Pérez Gómez, Paula Portals Lestón e Antía Rey Abeijón, alumnas de 2º Bacharelato no IES Plurilingüe Fontexería, co proxecto titulado "Cam-bio",  gañador da I Edición do Desafío GenTech da empresa Altia. O xurado de Altia resolve por unanimidade que o seu é "o traballo que mellor se axusta aos criterios de orixinalidade e calidade, grao de innovación, xeración de valor engadido no ámbito para o que se presenta e viabilidade técnica."

"Unha charla informativa da empresa Altia que impartiron neste centro na Semana Cultural espertou en nós o Xene-Tech e decidimos presentarnos ao desafío que nos propuxeron," din as gañadoras. "A nosa idea foi o desenvolvemento dunga App/xogo de temática ambiental (CAM-BIO), que consiste en ir capturando biodiversidade coa cámara do móbil para fomentar entre a mocidade o amor pola natureza. O que non se coñece non se pode respectar!!!"

Este é o enlace ao vídeo das rapazas de 2º Bacharelato que gañaron o concurso:

https://drive.google.com/file/d/1_p4nGG3z615bmzTg6KCg-PMqdU1Jcqhv/view?usp=drivesdk

Se queredes ver todos os detalles aquí tedes a ligazón á páxina da empresa Altia:

https://www.altia.es/es/desafio-gentech/premiados-I-edici%C3%B3n



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut