Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

#25novembre20

Travail des élèves de Français 2 Bac 2 Fle du Lycée Plurilingüe Fontexería/Muros (Adriana, Alba, Amadora, Carla, Carlos et Paloma) lors de la Journée contre les violences faites aux femmes 2020

 

Cliquez sur le lien pour la vidéo

O podcast do IES Plurilingüe Fontexería, "Confinamento nas ondas: especial Carvalho Calero", acada un dos premios do II Concurso de Podcasts Radio na Biblio.

O podcast presentado polo IES Plurilingüe Fontexería na categoría de ESO, Confinamento nas ondas: especial Carvalho Calero, acada un dos<

Dúas alumnas de 4º ESO fan unha reportaxe para a Voz de Galicia sobre a actividade pesqueira na vila de Muros.

As dúas alumnas, Iria Zubiela Núñez e Laura González Trillo, agora cursando 1º de Bacharelato no noso centro, coordinadas polo seu profesor de Economía Fernando Pérez Torres, fixeron a reportaxe pouco antes do confinamento no que investigaron o mercado do peixe na comarca muradana. Para iso fixeron varias entrevistas aos protagonistas dese mercado (mariñeiros, patróns, traballadores da lonxa, poxadores, etc). A reportaxe foi publicada en La Voz de Galicia o día 21 de outubro.

Volta segura ás aulas.

Enlace á páxina da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia para unha volta segura ás aulas:

Volvamos á Escola con Sentidiño.

Adiamento do inicio do curso 2020-2021 aos días 23, 24 e 25 de setembro.

Anunciouno o venres o conselleiro, Román Rodríguez, logo de reunirse coa Xunta Autonómica de Directores e os xefes da Inspección educativa nas catro provincias. Enlace á páxina da Consellería.

 

MATRÍCULA SETEMBRO 2020

O prazo de matrícula de setembro para ESO e Bacharelato para o curso 2020-2021 será en día único o venres 4 de setembro de 8:30 a 13:00 horas. O prazo de matrícula para o módulo 3 de Adultos (ESA 3, 1º Cuadrimestre) será do venres 4 ao martes 8 de setembro, ambos incluídos, na secretaría do centro.

 

Radio Fontexería: Confinamento nas Ondas

O alumnado de 1º ESO B1, baixo coordinación da docente de Lingua Galega Olalla Liñares, está desenvolvendo neste 3º trimestre un proxecto de radio. A través dun podcast que se pode escoitar aquí, cada semana elaboran un programa de radio baixo o nome Confinamento nas Ondas. O espazo inclúe contidos diversos: noticias, crónicas, entrevistas, narracións, poesía, regueifas, música, receitas de cociña, anuncios... Animámosvos a que escoitedes o programa.   

Nas redes de ponte...nas ondas!

 

Premede no enlace se queredes ver a divulgación do traballo do libro das Imaxes do Patrimonio 2...

http://pontenasondas.org/as-imaxes-do-patrimonio-unha-peneira-desde-muros/

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Aprazamento da celebración da proba. Convocatoria 2020

Debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19 resulta necesario aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional prevista para o día 23 de abril.

PROCEDEMENTO PARA A ATENCIÓN ÁS FAMILIAS DESDE AS TITORÍAS.

PROCEDEMENTO PARA A ATENCIÓN ÁS FAMILIAS DESDE AS TITORÍAS

As titorías comezarán a realizarse a partir do 14 de abril de 2020

Onde solicitar? No correo do centro: ies.fontexeria@edu.xunta.gal

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut