Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

XXX Semana Cultural do IES Plurilingüe Fontexería

Xa está en marcha a XXX Semana Cultural do IES Plurilingüe Fontexería, que se celebrará baixo o lema "Trinta", do 8 ao 12 de abril.

Entre outras, destacamos as seguintes actividades programadas:
  • Dia da Ciéncia, na que o alunado de 1º de Bacharelato presentará ao resto do alunado duas dúcias de experimentos científicos. A esta actvidade estará convidado o alunado do IES As Ínsuas e do CEIP Ramón de Artaza.
  • Xornada de portas abertas nos talleres do Ciclo de Instalacións Eléctricas e Automáticas.
  • Obradoiros de Cerámica, Viveirismo, Deporte inclusivo, Tóxicos no fogar e Reutilización de resíduos, en colaboración con ADISBIRMUR e ADEGA.
  • Visionado da galardonada curtametraxe "Matria", coa presenza do seu director Álvaro Gago.
  • Diversos obradoiros de Igualdade, en colaboración co CEIP Ramón de Artaza, educación afectivo-sexual, seguridade en internet, xornalismo na escola, regueifa, edición de video
  • Representación da obra teatral "Golpes".
  • Várias palestras sobre diversas temáticas: Edición Xénica, Tecnoloxia, Toponímia, Aceso á Universidade; Fotografias do mundo, Economia circular ...
  • Sesión de contacontos en inglés, con Ben Miller.
  • Presenza de Djibil Fayé (Ecos do Sur) sobre imigración.
  • Torneo de futbolín
  • Actuación do Mago Teto
  • Varias exposicións e concursos
  • Presentacións diversas sobre proxectos no centro
  • Actuacións do alunado de música
  • Clausura con unha master-class e posterior actuación da intérprete Mounqup.
Esperamos que esta programación resulte de interese para toda a comunidade educativa, á vez que agradecemos a todo o profesorado e alunado do centro a sua contribución, asi como a aportación da ANPA e das empresas Hnos. Fiúza, Autos Comparado e Casal Cotón.
 


Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut