Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Pablo Monteagudo Lago, Premio Extraordinario de Bacharelato 2016-2017

Pablo Monteagudo Lago, alumno do IES Plurilingüe Fontexería, obtivo un dos Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2016-2017.

Pudo optar a ditos premios xa que tivo unha media  de 10 nos dous cursos de Bacharelato.

A proba estivo estruturada en dúas partes: unha baseada nun comentario crítico dun texto de carácter histórico e unha análise dun texto en inglés, e unha segunda parte cun exame de matemáticas.

O premio está dotado cunha contía de 1000 euros, unha distinción no seu expediente académico e un diploma acreditativo que lle será entregado proximamente. Terá a posibilidade de concorrer aos Premios Nacionais de Bacharelato. 

Pablo obtivera xa o Premio Extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao Rendemento Académico no curso 2014-2015 en Galicia e a nivel estatal.



Iniciar sesión: Acceso
story | by Dr. Radut