Novas

EXPERIENCIA CLIL PROGRAMA PIALE 2015 Loren Mures

Enviado por prof_mvr o Mar, 16/02/2016 - 08:40

Na seguinte ligazón pódese acceder ó PDF no que a profesora de Educación Física conta a experiencia en que dentro do programa PIALE 2015 tivo en Montreal (CANADA)

ACCESO PDF

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TITULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 18 ANOS 2016

Enviado por prof_mvr o Xov, 04/02/2016 - 04:57

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo de 2016. Consultar lugares na convocatoria.

A proba terá lugar o día 22 de abril de 2016, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Acceso á convocatoria

Formulario inscrición

 

 

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TITULO DE ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS 2016

Enviado por prof_mvr o Xov, 04/02/2016 - 04:49

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Prazos de matrícula

– Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.

Consultar lugar de presentación das solicitudes na convocatoria.

Acceso á convocatoria

Formulario

DIAS NON LECTIVOS Curso 2015-16

Enviado por prof_mvr o Ven, 27/11/2015 - 06:33

DIAS NON LECTIVOS: Os dias autorizados pola inspección como NON LECTIVOS no actual curso escolar son: 7/12/2015 e 16/05/2016

CUESTIONARIO DE CONVIVENCIA ESCOLAR

Enviado por prof_mvr o Mar, 10/11/2015 - 04:40

CUESTIONARIO CONVIVENCIA ESCOLAR AMPLIADO O PRAZO ata o 8 de decembro ás 23:59 h

Este cuestionario é anónimo e recolle datos dos distintos sectores da comunidade educativa (dirección, profesorado, alumnado, familias e persoal non docente).

 

Para o acceso ao mesmo a dirección facilitará una clave de acceso que tan só poderá ser utilizada NUNHA OCASIÓN. O prazo para cumprimentar o mesmo remata o 8 de decembro ás 23:59 h

 

( categories: )

NOVA CONVOCATORIA AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR 15-16

Enviado por prof_mvr o Mar, 10/11/2015 - 04:21

 

 

 Apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable. Máis información en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151110/AnuncioG0164-041115-0002_gl.pdf

O prazo remata 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e dicir o vindeiro 24 de novembro.

 

 

AVISO DIAS NON LECTIVOS

Enviado por prof_mvr o Mér, 28/10/2015 - 14:29

Debido á celebración do DÍA DO ENSINO, o vindeiro venres 31 de outubro de 2015 é día NON LECTIVO

O vindeiro luns 2 de novembro e festivo no calendario laboral.

Polo tanto as clases reanúdanse o martes 3 de novembro.

BECAS FUNDACIÓN REPSOL

Enviado por prof_mvr o Lun, 19/10/2015 - 14:27

O mércores 21 de outubro ás 18.30h no auditorio da Refinería Repsol na Coruña (Bens s/n-carretera a Meicende), tivo lugar o acto da entrega da primeira parte das becas da Fundación Repsol.

Os alumnos do noso centro seleccionados na presente convocatoria son:

1. Diego José Buituron Trillo (2º Curso do Ciclo Grao Superior Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma)

2. Esteban Fernández Cajigal (2º Curso do Ciclo Grao medio Sistemas Microinformáticos e Redes)

3. Miguel García Varela (2º Curso do Ciclo Grao Superior Administración de Sistemas Informáticos en Rede)

 

Neste mismo acto, tamén fíxose entrega dos diplomas acreditativos aos alumnos becados no curso anterior:

1. José Aarón Ceán Álvarez (Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma)

2. Tamara Garaboa Mosquera (Administración de Sistemas Informáticos en Rede)

3. Javier Quintela Fernández (Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma)

Nota de Prensa en http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2015/10/22/fundacion-repsol-refineria-entregan-becas/1006443.html

 

HORARIOS TITORIAS DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS/ALUMNOS CURSO 2015-16

Enviado por prof_mvr o Lun, 19/10/2015 - 14:13

Adxunto coas horas de titorias do profesorado para o curso 2015-2016

NORMAS DE CONVIVENCIA aprobadas no Consello Escolar celebrado o 27/10/2015

Enviado por prof_mvr o Ven, 16/10/2015 - 12:18

O longo do presente curso vaise realizar a modificación dos seguintes documentos organizativos:

  • PEC. Proxecto Educativo de Centro
  • NOF. Normas de organización e Funcionamiento (sustitúe o antigo Regulamento de Réxime Interno)
  • Plan de Convivencia

Dentro do NOF e do Plan de convivencia teñen que estar reflexadas as NORMAS DE CONVIVENCIA.

A modificación de ditos documentos é un proceso que pode alargarse o longo do presente curso escolar, pero faise urxente ter actualizadas as normas de convivencia para a súa aplicación no presente curso.

Ditas normas foron aprobadas no CONSELLO ESCOLAR celebrado o 27/10/2015.

No seguinte enderezo web https://sites.google.com/a/fernandowirtz.com/intranet/home/normas-de-convivencia20151027  figuran as mesmas.

 

Distribuir contido