Anuncios

HORARIOS CICLOS FORMATIVOS ADULTOS (Presencial e Distancia) CURSO 2014-15

Enviado por prof_mvr o Mar, 15/07/2014 - 13:19

Nos seguintes adxuntos pódense consultar os horarios para os grupos dos réximes de adultos nas modalidades presencial e a distancia.

O alumnado pode consultar os mesmos para evitar incompatibilidades horarias na súa matrícula modular.

EXAMES EXTRAORDINARIOS SETEMBRO 2014. ESO E BACHARELATO

Enviado por prof_mvr o Mar, 15/07/2014 - 06:08

No seguinte adxunto pódense consultar as datas, horas e lugares de celebración dos exames extraordinarios de setembro para ESO e BACHARELATO

OFERTA EDUCATIVA de FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA (FPE) Curso: 2014-2015 IES Fernando Wirtz

Enviado por prof_mvr o Lun, 23/06/2014 - 09:42

No adxunto pódese consultar a oferta educativa para o vindeiro curso no noso centro.

Instrucións para realizar a matricula en ESO e Bacharelato para o Curso 2014-15 para alumnado de NOVA incorporación

Enviado por prof_mvr o Mér, 18/06/2014 - 09:12

ORDINARIO

Poderán matricularse dende o 25 de Xuño ata o 10 de Xullo.

Terán que traer a seguinte documentación:

1. Impreso de matrícula que recollerán en conxersería,  debidamente cumprimentado a bolígrafo e con letras maiúsculas. É moi importante non deixar sen cubrir os teléfonos (especialmente os de urxencia), así como o correo electrónico dos pais. Marcar claramente, cun X ou un numero de orde (o que proceda), os campos de elección, especialmente os das materias a elixir. OS IMPRESOS DEBEN SER ASINADOS POLOS TITORES LEGAIS DOS ALUMNOS, salvo no caso dos maiores de idade.

2. Certificación Académica

3. Carné escolar cumprimentado onde se deberá pegar unha foto actualizada tamaño carné. (Se recolle en conxersería)

4. Dúas fotos tamaño carné cos apelidos, nome e curso ao reverso en letras maiúsculas.

5. Fotocopia do DNI. 

6. Alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato: Aboar na conta de Novagaliciabanco nº: ES24-2080-0058-14-3040006317 a cantidade de 1,12 € antes de formalizar a matrícula xuntando o resgardo xustificativo do ingreso.

7. Alumnos de 1º e 2º da ESO: Fotocopia da tarxeta sanitaria

 

ADULTOS

Solicitude de praza durante o mes de Xullo e matrícula no mes de Setembro aportando a documentación arriba mencionada.

RECOMENDACIÓNS MATRÍCULA MODULAR CICLOS FORMATIVOS

Enviado por prof_mvr o Mér, 18/06/2014 - 07:46

Nos seguintes ficheiros adxuntos, pódense consultar as recomendacións feitas polos Departamentos didácticos de Informática  e Administración para matricularse nos Ciclos Formativos de ADULTOS.

Ditas recomendacións fanse para que o alumno teña en conta que determinados módulos requiren ter coñecementos previos suficientes do contidos doutros módulos para acadar os resultados de aprendizaxe programados para o módulo no que se pretende matricular.

ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS 2014-2015

Enviado por prof_mvr o Mar, 17/06/2014 - 03:57

Publicado o calendario de admisión a ciclos formativos para o vindeiro curso 2014-15

Pode verse no ficheiro adxunto e consultar máis información no seguiente enderezo http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral-admision

REUNIÓN BECAS ERASMUS+

Enviado por prof_mvr o Xov, 12/06/2014 - 07:14

CONVÓCASE A TODOS OS ALUMNOS INTERESADOS A UNHA REUNIÓN O VINDEIRO MÉRCORES 18 ÁS 19:00 HORAS NA AULA B02 (Usos múltiples).

OS INTERESADOS EN FACER A FCT NO ESTRANXEIRO PODEDES RECOLLER EN XEFATURA A FOLLA DE INSCRIPCIÓN.

PROBAS LIBRES CICLOS A EXTINGUIR. Administración e Finanzas (Loxse)

Enviado por prof_mvr o Mér, 28/05/2014 - 05:13

 Orde do 21 de xuño de 2013 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

No seguinte adxunto pódese consultar o CALENDARIO para ditas probas no Ciclo de Administración e Finanzas (Loxse)

CALENDARIO ENTREGA CUALIFICACIÓNS XUÑO 2014

Enviado por prof_mvr o Mar, 27/05/2014 - 11:12

Adxunto coas datas e horas de entrega de cualificacións finais de Xuño e periodo de reclamacións e aclaracións.

CALENDARIO EXAMES XUÑO 1º Bacharelato

Enviado por prof_mvr o Mar, 27/05/2014 - 11:08

No ficheiro adxunto pódense consultar as data e horas dos exames finais de Xuño para 1º de Bacharelato

Distribuir contido