Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Lingua Galega e Literatura

O APALPADOR chega ao Eusebio da Guarda!

O Equipo de Dinamizacioón Lingüística en colaboración co Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou unha recollida de mensaxes en galego en nome do Apalpador para animar á toda a comunidade educativa neste ano especialmente difícil. Agradece a enorme participación e seguirá con nós ata as vacacións de Nadal cando marchará a outras terras coa súa mensaxe de esperanza.

Ata o vindeiro Nadal.

CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DA REVISTA NÓS

CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DA REVISTA NÓS

O Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Dinamización Lingüística celebran o Centenario da publicación da Revista Nós cunha exposición en homenaxe ao Grupo Nós.

Encontro coa escritora Andrea Maceiras

O 2 de marzo de 2020 o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou unha charla-coloquio coa escritora Andrea Maceiras para o alumnado de 3º e 1º de ESO.
A charla versou sobre as obras Europa Express e Volverás golfiño.

Teñen a palabra ..... Grandes monologuistas interiores

"Teñen a palabra ..... Grandes monologuistas interiores".

Este título recompila unha serie de monólogos interiores realizados polo alumnado de 4 ESO C e D, coordinados pola súa profesora de Lingua galega e literatura, Teresa Pastor Novo. Logo de estudar a narrativa dos anos 60, focalizda sobre todo na Nova Narrativa Galega, o dito alumnado elaborou os seus traballos seguindo a técnica da "corrente de conciencia", emulando o célebre personaxe de Balbino, de "Memorias dun neno labrego". Asemade, esta actividade serviu para renderlle unha merecida a o insigne escritor Xosé Neira Vilas.

Celebración das Letras Galegas 2019

O Eusebio da Guarda celebrou a Semana das Letras Galegas cunha exposición adicada ao homenaxeado de 2019 Antón Fraguas.

3º de ESO participa en Correlingua

Actividade organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística.

Concurso de deseño dun logotipo

Convócase un concurso dun logotipo no instituto:

Ruta Pondaliana para 1º BACH

Organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística e acompañodos polos profesores Paco Charlín, Carmen Edreira, Manolo Varela e Beni Vidal.

Charla-coloquio co Alcalde Xulio Ferreiro: “Que fai Europa por nós?”

Hoxe 25 de abril o IES P Eusebio da Guarda como Escola Embaixadora do PE recibiu ao Alcalde da Coruña Xulio Ferreiro que mantivo unha charla-coloquio cos Embaixadores junior de 1º de Bacharelato. Os temas foron moi interesantes: “Axenda 2030 da UE” e o proxecto de colaboración da Axenda urbana “Coruña Próxima 2030”; Compromiso da Coruña coa lexislación europea de residuos; Que se pode facer para reducir o lixo?; Medidas implantadas sobre o quecemento global propostas por Europa; A Coruña poderá mellorar as súas infraestruturas grazas aos fondos europeos?; Está a sufrir Galicia e A Coruña unha perda de axudas fronte a outras comunidades?; O Brexit vai afectar á Coruña?....

IES Eusebio da Guarda Escola Embaixadora: charla de Jesús Gamallo

O IESP Eusebio da Guarda como Escola Embaixadora do PE recibiu hoxe a visita de Jesús Gamallo, Director xeral  de Relacións Exteriores coa UE e Director da Fundación Galicia-Europa. A charla-coloquio cos Embaixadores junior do PE (1º de Bacharelato) enmárcase dentro das actividades que se levan a cabo na materia de Oratoria, que imparte a profesora Beni Vidal, para formar ao alumnado na arte de falar en público e ao mesmo tempo coñecer as institucións democráticas europeas e concretamente o PE.

POETAS E SOLIDARIOS

O luns 1 de abril, o alumnado de 1 BACH A, B, C, F presentou os seus traballos sobre romances ou cantares de cego, coordinados pola súa profesora de Lingua Galega e Literatura, Teresa Pastor Novo, dentro dos contidos conceptuais da literatura tradicional de transmisión oral, correspondente aos Séculos Escuros. Ademais do recitado dos seus cantares, acompañaron a representación con cadanseus cartelóns ou maltrañas, obra tamén do dito alumnado. A este acto asistiron, ademais dos propios autores, Pilar Pardo, Conselleira da ONCE na Coruña; Pura Galán, coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística da provincia da Coruña; e Norma Dovale, monitora de actividades do Club de Maiores da ONCE da Coruña, quen acompañou doce afiliados que tamén acudiron amablemente a este evento.

1º de ESO fai a Ruta da Costa da Morte

Nunha actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística que dirixe a profesora de Lingua Galega Carmen Edreira. Ademáis desta profesora, as alumnas e alumnos estiveron acompañados polas profesoras e profesores María Viturro, Rocío Rodríguez, Mª Eugenia Pérez, Adrián Martín, Nuria Berdiales, Noemí Díaz e Antonio Fondo.

 

LUGO, CIDADE ROMANA. Visita do alumnado de 2º de ESO

Organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística a cargo da profesora de Lingua Galega Carmen Edreira, coa participación dos profesores María Viturro, Fe Besteiro, Elisa Crespo, Fernán García, Tatiana Saldaña e Manuel Blanco.

As vangardas europeas e a súa repercusión en Galicia

O alumnado de 4 ESO C e D realizou este trimestre poemas cubistas (caligramas) combinados con colaxe, como parte práctica correspondente aos contidos sobre "As vangardas europeas e a súa repercusión en Galicia". Cada alumn@ realizou un poema,  de temática libre. Porén, dado que hoxe é o día propio, estes dous traballos, feitos polas alumnas Coro Díaz Pérez (4 ESO C) e Iara Peres Lourenzo (4 ESO D). A actividade estivo coordinada pola profesora de Lingua Galega Teresa Pastor.

Cantares de cego

O alumnado de 1 BACH A, B, C e F estivo estudando a literatura popularizante de tradición oral nos Séculos Escuros no segundo trimestre deste curso. Como complemento á teoría, elaboraron cantares ou romances de cego (cantar e maltraña ou cartelón),  coordinados pola súa profesora de Lingua galega e literatura, Teresa Pastor Novo. Hoxe unha parella de alumnos de 1 BACH A,  Sara Miguel Reboiras e Gonzalo Alcalá Zamora Dorrego, fixo unha posta en escena na aula, diante dos seus compañeiros.

As Cantigas dos alumnos, IV parte

Fai clic na imaxe para velo. Hai máis Cantigas en "A artesa do Eusebio".

As Cantigas dos alumnos, III parte

Fai clic na imaxe para velo.

As Cantigas dos alumnos, parte II

Fai clic na imaxe para velo.

Distribuir contido


by Dr. Radut