Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Física e química

CIENCIA EN FEMININO: Charla “A melena das estrelas” impartida por Estíbaliz Espinosa

Estíbaliz Espinosa, escritora e divulgadora científica, impartiu unha charla dirixida ao alumnado de ciencias de 1º e 2º de Bacharelato con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A actividade estivo organizada polo Departamento de Física e Química.

Miniseries de radio de conferenciante sobre mulleres científicas:

Libro dixital ilustrado da conferenciante:

 

Táboa Periódica dos elementos químicos.

Para darlle a benvida ao ano 2019, declarado pola IUPAC como ano internacional da Táboa Periódica, os alumnos de 3º ESO fixeron a súa particular homenaxe, elaborando esta táboa “interactiva” baixo a coordinación da profesora de Física e Química Minia Prego. Abrindo a tarxeta correspondente a cada elemento, poderemos coñecer algunha curiosidade sobre el.

Terceira visita ao CERN

O pasado venres 21 de setembro de 2018, e ata o 25, os alumnos de Física de segundo de bacharelato viaxaron Xenebra para visitar o Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN). Foron acompañados polos profesores Loli Blanco Vieites, Mª Carmen Díaz Cabanas e Abel Fernández Maroño. A viaxe foi unha experiencia inesquecible tanto desde o punto de vista dos alumnos como das acompañantes. Pódense ver as fotos neste enlace.

Cheng Chen Sui pariticipou na fase nacional da Olimpiada de Física

Celebrouse en Valladolid, do 13 ao 16 de abril, a XXIX Olimpiada Española de Física, na que participou o noso alumno de 2º de bacharelato Cheng Chen Sui. NORABOA!

Ligazón á participacion deste Instituto na fase local

Cheng Chen Sui ¡Medalla de prata na XXIX Fase Local da Olimpiada de Física!

O 23 de febreiro celebreouse a fase local (Galicia) da olimpiada de Física na que participaron os alumnos de 2º de Bacharelato deste Instituto Carlos Campillo, Paula Herrero e Cheng Chen Sui, preparados pola profesora Mª Carmen Díaz Cabanas. Noraboa a todos, e especialmente a Cheng Chen Sui que obtivo a medalla de prata e participará na Fase Nacional que se desenvolverá en Valladolid entre o 13 e 16 de abril.

Noticia na Voz de Galicia:

Visita dos alumnos de Química ao CiQUS e CiMUS

Os alumnos de Química de 2º Bacharelato visitaron o 21 de novembro, acompañados dos seus profesores de Química, a Facultade de Química de Santiago, o CiMUS e o CiQUS. Neste último realizaron ademáis experimentos de laboratorio. Completaron cunha visita guiada por Santiago a cargo do profesor Antonio Fondo.

Na seguinte foto temos unha parte dos alumnos:

Segunda visita ao CERN

 

O pasado venres 22 de setembro, e ata o 26, os alumnos de Física de segundo de bacharelato viaxaron Xenebra para visitar o Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN). Foron acompañados polas profesoras Mª Carmen Díaz Cabanas e Teresa Fraga. A viaxe foi unha experiencia inesquecible tanto desde o punto de vista dos alumnos como das acompañantes. Pódense ver as fotos neste enlace.

 


 

XXXIV Olimpiada Galega de Química (2017)

O 28 de abril foron varios alumnos deste Instituto ao acto de entrega de galardóns da XXXIV Olimpiada Gallega de Química na Aula Magna da Facultade de Química da Universidade de Santiago. Aproveitamos para facer visitas guiadas ao CiQUS, aos laboratorios e á Biblioteca da Facultade.

Os alumnos Jorge M. Blanco Rodríguez e Hugo Calvo Castro quedaron no grupo de gañadores de Coruña na XXXIV Olimpiada Galega de Química. PARABÉNS!

Alumnos do IES P. Eusebio da Guarda participantes na XXXIV Olimpiada Galega de Química (2017) diante da Facultade de Ciencias da Universidade de Química.

Conferencia do físico José Edelstein

(Fotos: Mario S. García. Fai clic para velas)

O pasado 13 de xaneiro o alumnado de primeiro de Bacharelato e cuarto da ESO asistiu á conferencia que o físico D. José Edelstein, da UDC, deu no Ágora. O acto foi organizado pola profesora Marisa Castiñeira, do IES Rafael Dieste. Hai máis información recollida no blog "O Faro de Sofía" e tamén unha entrevista no blog "Cazatesouros".

Visita ao CERN

 VIAXE A XENEBRA (23-27 SETEMBRO 2016)

O curso pasado, o departamento de Física e Química decidiu poñer en marcha unha viaxe diferente ás que se viñan organizando no instituto ata entón, unha viaxe que tiña unha parte científica interesantísima que era visitar o CERN (European Organization for Nuclear Research), ademais de coñecer a cidade de Xenebra, e como non, algún dos museos que alí se atopan.

(Pinchar na imaxe para ver máis fotografías)

 O venres 23 de setembro, despois dun bo madrugón, saimos no avión cara a Xenebra, onde esa mesma tarde visitamos o Pazo das Nacións Unidas, unha visita que nos pareceu moi interesante pola defensa que dende alí se fai dos dereitos humanos, visitamos a sala dos dereitos humanos e da Alianza de civilizacións decorada por Miguel Barceló, a sala dos pasos perdidos, a sala das asembleas e a sala do Consello.

Ao día seguinte, chegou o prato forte da viaxe, erguémonos cedo e collemos o tranvía cara ao CERN, os 26 rapaces e as dúas profesoras que os acompañabamos (Mª Carmen Díaz Cabanas e Teresa Fraga) estabamos moi ilusionados. Durante a visita guiada por dous enxeñeiros encantadores, entendemos o que alí se facía, comemos no CERN e pola tarde fomos á parte vella da cidade para dar unha volta polas rúas. Cea e a descansar.

O domingo 25, visitamos o museo da Cruz Vermella, a algún dos rapaces pareceulles un pouco duro polos asuntos humanitarios que alí se amosan e onde a axuda da Cruz Vermella é importantísima (situacións de guerra, de catástrofes naturais…). Comemos na cafetería do museo e pola tarde saímos cara ao centro da cidade para ver o surtidor Jet d´eau e pasear polo lago Leman.

O luns día 26, volvemos  ao CERN onde tiñamos concertada unha visita informal ás dúas da tarde. Comemos na cafetería que estaba chea de científicos de todo o mundo e puidemos apreciar o  estupendo ambiente que alí había. Mar Capeáns, física galega que traballa no CERN dende hai moitos anos, agardábanos na entrada, e presentounos a outros tres científicos galegos que nos ían facer de guías (guías de luxo), para ensinarnos como era o seu día a día. Deixáronnos encantados e con algunha vocación de futuro entre os nosos alumnos.

Pola tarde tocaba a busca do tesouro, fixemos seis equipos, repartimos mapas da cidade e instrucións en inglés e os rapaces puxéronse en marcha percorrendo a parte antiga da cidade de punta a punta, acabaron esgotados (nós tamén), pero pasárono moi ben, e o obxectivo de coñecer a cidade e un pouco da súa historia estaba conseguido.

O martes día 27 tocaba a volta a España. Como o avión saía as 18.00 horas, pola mañá aproveitamos para coñecer o museo etnográfico que nos encantou a moitos de nós.

Maletas, tranvía, aeroporto…, o que prometía ser unha volta tranquila truncouse pola néboa na Coruña e o desvío do avión cara a Santiago, dende alí autobús e chegada a Coruña, tarde e cansos, pero encantados coa viaxe realizada.

Esperemos que o ano que vén repitamos esta experiencia!!!

Acto de entrega de diplomas e premios da Olimpiada de Física e Química

 

Alumnos de 2º de Bacharelato do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda participantes na Olimpiadas Galegas de Física e de Química 2016. De esquerda a dereita: Carlos Sáez López (medalla de bronce na fase local de Física), Carlos Cortón Cobas, Gala Cabirta Touzón, Adrián Quiroga Rodríguez, Andrea Díaz Rodríguez, Nuria Tellado López, Alejandro Brao González (4º posto na fase local de Química e sexto na galega), José Miguel Balado Alves, Sofía de Bernardo Gallart, Antón Yáñez Mendía, Alba León Álvarez e Carlos Rodríguez Barrientos (suplente na fase local de Física). Están acompañados pola Directora Mª Isabel Ruso de Lago e os profesores de física e química Mª del Carmen Díaz Cabanas, Miguel García Rodríguez e Pedro L. Rodríguez Porca.

Acto de entrega de diplomas e premios da XXXIII Olimpiada Galega de Química e da XXVII Olimpiada Galega de Física, celebrado o 14 de abril de 2016 na Aula Magna de Falcultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela e presidido polo Director Xeral de Educación D. Manuel Corredoira López. Á esquerda Carlos Sáez López, medalla de bronce na fase local de Física.

(texto e fotos de Pedro R. Porca)

 

 

Resultados da XXXIII Olimpíada de Química

 

Alejandro Brao obtivo o carto posto na fase local e a sexta da fase galega. Parabéns!

 

Alumnos do Eusebio participan na XXXIII Olimpíada Galega de Química

Os alumnos que participaron na Fase Local da XXXIII Olimpiada Galega de Química na Facultade de Ciencias da Universidade de A Coruña foron Andrea Díaz Rodríguez, Gala Cabirta Touzón, Carlos Sáez López, José Miguel Balado Álvarez, Adrián Quiroga Rodríguez e Alejandro Brao González.

 

(Foto: Pedro R. Porca)


 

Día de Newton no Eusebio

Por iniciativa dalgúns profesores, e aproveitando a semana da froita, o pasado 8 de marzo os alumnos de 1º e 2º compartiron unha mazá vermella na porta do instituto, lembrando ao científico que descubriu a forza da gravidade.


 

Resultados da Olimpíada de Física na fase local

Aquí unha foto dos participantes coa súa profesora:

Visita dos alumnos ao CIQUS de Santiago

O pasado 21 de xaneiro, os alumnos de Química de 2º curso de Bacharelato visitaron as instalación do CIQUS da Universidade de Santiago de Compostela. Asemade, logo visitaron o Museo de Historia Natural, acompañados polos profesores Cristina Viqueira, María Xesús Gómez, Miguel García, Pedro Rodríguez e Leandro Ponce. Este último deu unhas explicacións do arte que amosan diversos puntos da cidade.

Fai clic na foto para velas todas.

Olimpiada Nacional de Física

Gonzalo Cao y Pedro Tomé veñen de obter a medalla de prata, sendo ás unicas medallas na provincia de A Coruña.

Parabéns!

Actualización: Unha foto dos protagonistas á súa volta ao Eusebio.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut