Inauguración do laboratorio de Bioloxía
O día 25 de maio levamos a cabo a presentación oficial do laboratorio de Bioloxía do centro. O laboratorio de Bioloxía foi completamente renovado hai dous anos, cambiando a distribución dos espazos, a fontanería, a electricidade (aumentando a seguranza nas tomas de forza), mellorouse o solo e variouse a distribución de espazos. Tamén fixemos renovacións no departamento adxunto coa mellora do solo, cambio de mobiliario e a redistribución dos espazos de reunión e traballo.
Nestes dous anos incrementamos as horas de laboratorio impartidas ao alumnado e o número de prácticas realizadas. Tamén foi utilizado para as actividades de proxectos no centro como o Stembach, o proxecto COdos, o equipo TIC ou o proxecto Darwin.
Hai dous anos tamén decidimos poñer nome ao laboratorio e facer unha inauguración oficial que se foi pospoñendo ata este 25 de maio. O laboratorio recibe o nome de ‘Laboratorio de Bioloxía Charles Darwin’.
Este 25 de maio de 2023, entre os actos de inauguración, fixemos unha interpretación sobre a vida do naturalista Charles Darwin interpretada polo alumnado da materia de bioloxía de 1º de Bacharelato.
Deixámosvos aquí o vídeo da obra titulada ‘Biografía de Darwin’ e interpretada no salón de actos do centro. Esperamos que vos guste.
Sinapse: Un equipo de alumnado está encargado da presentación do laboratorio explicándonos porque recibe o nome de Charles Darwin. Con algún que outro problema consiguen rematar unha boa (e curiosa) explicación.