IES EDUARDO PONDAL

Club de lectura

OS ESQUÍOS LECTORES!

 

     Os integrantes do Club de lectura do 1º ciclo da ESO xa pensaron no nome do  club: OS ESQUÍOS LECTORES... e ademais dous deles, Paula Blanco López e Diego Pérez Couto, fixeron un debuxo como icona do club.

     Por outra banda, xa rematamos o primeiro libro, que eliximos para ler: Rudi Fuciños, o cocho de carreiras

     Ós nosos lectores, en xeral, gustoulles pero estaban todos moi de acordo en que non terían un porquiño como mascota!

 

 

 

 

Felices ano 2011

 bladerunner

Quedamos o mércores a quinta hora no edificio de bacharelato para ver Blade Runner.

Lembrade que a volta das vacacións temos a reunión para falar sobre a nosa segunda lectura do curso: A miña planta de laranxa lima.

Ademais temos pendentes tres, ou catro, recensións de libros: Mariña e Los girasoles ciegos, Jenni e Perdona si te llamo amor, Adrián e V de Vendetta e Ismael que aínda non elixiu título. Agora falta que se anime algún profesor.

 Feliz ano 2011 e collede forzas porque aínda nos queda moito por facer o ano que vén.

Volven os clubs de lectura

 
 Vémonos na biblioteca o venres 15 de outubro. Coma todos os anos, só estarán permitidos membros dos clubs de lectura na biblioteca e, só ese día, estará permitido comer na biblioteca no recreo. Ata o venres

VAICHE BOA!

3/6/2010
 
    Deixámovos unhas actividades sobre o libro que estivemos lendo... a ver canto lembrades...
 
    Atrevédesvos a facelas...
 
    Facede un click na portada do libro que está a continuación...

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 1º E 2º DA ESO

 

5-5-10

A PRÓXIMA XUNTANZA TERÁ LUGAR NA BIBLIO, O PRÓXIMO MARTES 18 NO RECREO.

OS CAPÍTULOS SON OS SEGUINTES:

A PULSEIRA VOADORA


O ESQUELETO DO RETRETE


 

Distribuir contido