IES EDUARDO PONDAL

Bacharelatos

V de Vendetta

 
adrianfraga

Un libro transformado en película dun xeito incrible.

Con momentos
surrealistas, cun protagonista pouco común pero moi efectivo e cun atractivo irresistible para o lector.

Preséntasenos unha historia baseada nunha sociedade non moi afastada da nosa, como se dun epello se tratase, e faise unha pequena análise de como quedaría o mundo e do que sucedería tras a terceira guerra mundial

No libro mestúranse diversas historias de diversos personaxes que converxen finalmente na trama principal e que aínda que non queiramos fannos pensar e cavilar sobre o que imos lendo mentres a través das súas páxinas nos leva ao pasado e ao futuro pasando polo presente e nos expón, na miña opinión, unha análise do medo que cando menos é sorprendente.

Un libro moi doado de ler xa que está exposto a modo de cómic e que unha vez empezado é imposible parar.

A película tamén está moi ben e narra o libro sen suprimir detalles necesarios, aínda que cambia o tempo no que transcorren as accións.

Eu creo que se trata dun libro que paga a pena ler e gozar mentres nos poñemos na pel do protagonista.

Adrián Fraga. 2º Bacharelato A

Felices ano 2011

 bladerunner

Quedamos o mércores a quinta hora no edificio de bacharelato para ver Blade Runner.

Lembrade que a volta das vacacións temos a reunión para falar sobre a nosa segunda lectura do curso: A miña planta de laranxa lima.

Ademais temos pendentes tres, ou catro, recensións de libros: Mariña e Los girasoles ciegos, Jenni e Perdona si te llamo amor, Adrián e V de Vendetta e Ismael que aínda non elixiu título. Agora falta que se anime algún profesor.

 Feliz ano 2011 e collede forzas porque aínda nos queda moito por facer o ano que vén.

Rematou a viaxe do Señor Ibrahim

 miñaplanta

 Vémonos o mércores no laboratorio ás 12 e media para despedir ao Señor Ibrahim e coñecer a Zezé.

E xa van tres anos

 
A miña planta de laranxa lima                   O señor Ibrahim e as flores do Corán                      Eu de maior quero ser

 E para conmemoralo imos ler tres libros na primeira tirada. Vémonos o próximo mércores 3 de novembro no recreo.

 

Recomendación de Vanesa Gende, 1º Bacharelato A

 

Eternidad de Alyson Noël

 Este libro trata de como lle cambia a vida a Ever (protagonista) a raíz dun accidente. Pasa a converterse en inmortal, adquirindo un don; pode oír os pensamentos de todas as persoas. Tamén se conta unha historia de amor entre ela e Damen, curiosamente é Ever a que desde un principio non quere ter ningún tipo de relación con el xa que oiría os seus pensamentos.
Distribuir contido