IES EDUARDO PONDAL

Club de lectura

Unha invitación

 

Parece que foi onte cando estivemos tomando un chocolate para
celebrar o principio dos nosos clubs de lectura pero xa estamos a punto
de rematar o curso e, con el, o segundo ano dos clubes.

Dende esa actividade conxunta fomos lendo libros en tres grupos diferentes polo
que parece adecuado rematar con outra actividade na que volvamos a
estar todos xuntos. Esta vez imos reunirnos coa poesía como excusa. O
último libros dos tres clubes do instituto vai ser Poesía para los que leen prosa,
unha recompilación de poemas recomendados por varias persoas. Pero como
non somos clasistas, ofrecémovos a todos os membros da comunidade
educativa a posibilidade de participar na nosa lectura. Tendes á vosa
disposición o libro que estamos lendo na conserxería do edificio de
bacharelato e podedes collelo cando queirades con dúas condicións; que o devolvades ao seu sitio cando acabedes e que
nos recomendedes, no folio que acompaña ao libro, un dos poemas que
aparece nel.

UN BIBLIOBÚS PARA OS NENOS DO SÁHARA

bibliobus 

O CLUB DE LECTURA DO IES PONTECESO está a colaborar co proxecto “Bubisher”, Unha iniciativa do escritor Gonzalo Moure apoiada por diversos grupos e asociacións, co apoio de editoriais de libros en castelán. O Bubisher non leva libros regalados ou sobrantes, senón un plan de lectura, con 4 ou 20 exemplares por titulo, para un fondo inicial de 1400 libros. A nosa colaboración consiste en conseguir fondos para á compra dos libros, vendendo unhas postais con fotos dos campamentos, que levan tamén un texto de Gonzalo Moure. Xa temos case rematada a venda de 500 postais!! Grazas a todos pola vosa participación.Podes colaborar con Bubisher vindo aos campamentos como voluntario, acudindo aos colexios para ler e animar a ler aos nenos saharauís. Se queredes seguir a viaxe : http://www.bubisher.com O CLUB DE LECTURA DE 1º E 2º ESO síntese máis próximo a realidade do pobo Saharauí desde que limos o libro “Palabras de Caramelo”. Esta lectura levounos a aprender un pouco da situación que sofre este pobo. E as fotos que nos mostrou Bea da súa estancia con eles, axudounos a facernos unha idea das duras condicións nas que viven, dependendo case por completa da axuda humanitaria, lonxe do seu territorio, do que foron expulsados.

NO CLUB DE LECTURA, AS CARICATURAS CON DAVID PINTOR

 David Pintor impartiu unha charla sobre como se valoran os rasgos máis importantes para caracterizar as facianas das persoas nas caricaturas. Máis ben que buscar rasgos físicos interesa máis rexistrar os acenos que reflictan a persoalidade de quen se caricaturiza. Regalounos algunhas caricaturas de persoeiros coñecidos, adicadas e que xa se nos fan ben coñecidas de velas nos xornais ademais dalgunha máis dalgun dos nosos alumnos. 
 david pintor
zapatero  raxoi 
quintana   tourinho
 feixoo  
lolo   miriam

A ladroa de libros en imaxes

Preme sobre a foto para ver as imaxes
Distribuir contido