IES EDUARDO PONDAL

Club de lectura

Presentación club de lectura 2011/12

Todo un éxito, como xa vén sendo habitual, a presentación dos clubs de lectura no instituto. Parece que isto de alimentar o corpo e a mente éche moi  efectivo .

Gozade do vídeo


SAMAÍN 2011

I CONCURSO DE LENDAS

DA NOITE DE SAMAÍN

Achégase o tempo do medo, o tempo das cabazas , das historias de mortos , e das pantasmas . Un ano máis no instituto convocámosvos a unha oportunidade única de facernos tremer …e rir. 

Lede as bases  que siguen e deixádevos levar pola imaxinación para facernos pasar un mal rato.

Premios arrepiantes!!!!


CONCURSO DE LENDAS CON ILUSTRACIÓNS SOBRE O SAMAÍN

“Chocolatada” arredor dos libros

Un ano máis o club de lectura LIBRO DE PETO do IES Ponteceso,  convócavos á primeira reunión arredor dunha cunca quentiña de chocolate , unhas cantas pastas e moitas ideas para ler neste curso. 

Como é xa habitual formaremos tres grupos de avezados lectores: Os de 1º e 2º de ESO, os de 3º e 4º e, por último , os Bacharelatos e aínda que o ano pasado lles puxemos nomes, e incluso logos, estamos abertos a calquera tipo de cambios, suxestións, ideas …

Queremos ler, pasalo ben e compartir, así que esperámosvos o vindeiro 14 de outubro no recreo e na biblioteca.

Feliz chocolatada e… boas lecturas!!!

Xuntanza dos Esquíos Lectores co libro "Asmir no quiere pistolas"

     Deixamos aquí e no noso blog da biblioteca "Biblioaponte" a reportaxe gráfica sobre a actividade que fixemos o luns 4 de abril para traballar e recapacitar un pouquiño sobre a triste realidade que lle toca vivir ó protagonista do libro que limos "Asmir no quiere pistolas", un rapaz que vive a traxedia da guerra de Bosnia dende o punto de vista dos refuxiados. Cóntanos como é a súa viaxe ata Viena, os medos  e as alegrías que ten, a morriña pola súa terra e sobre todo, a lembranza polo seu pai, que non puido viaxar con eles. Un libro moi recomendable, fermoso e triste á vez.

     A xuntanza consistiu nun picnic, que tomamos ó aire libre no coidado céspede do noso instituto. Tivemos moita sorte co día, porque estivo moi asollado. Cando rematamos de xantar e reposar un pouquiño, fomos directamente á nosa biblioteca a traballar e realizar un pequeno resumo  dos personaxes e a viaxe, que fixemos entre todos. Quedou reflectido nun mural que se pode ver  colgado na biblioteca.

Novo libro de lectura para o club dos Esquíos Lectores: ASMIR NO QUIERE PISTOLAS

 

   Asmir no quiere pistolas é o novo libro que estamos a ler os Esquíos Lectores, que xa temos a nosa próxima xuntaza no recreo do vindeiro luns 14.

   Como xa sabedes o 30 de Xaneiro celébrase coma todos os anos o DÍA DA PAZ, aínda que nós vivamos nunha sociedade cunha calidade de vida moi boa, non toda a xente ten esta sorte, e moit@s rapaces e rapazas coma vós viven a traxedia da guerra. Por exemplo,  o día 12 de Febreiro adícase Ó DÍA INTERNACIONAL CONTRA A UTILIZACIÓN DOS NENOS SOLDADO, porque en moitos países os rapaces e rapazas non teñen a oportunidade de medrar xogando e aprendendo... senón que, desgraciadamente, son obrigados a coller un arma e matar.

 

   A historia que nos conta o protagonista do novo libro que estamos a ler, Asmir, un neno de sete anos, trata tamén dunha guerra, a guerra de Bosnia, e a viaxe que emprende con case toda a súa familia fuxindo como refuxiados da súa casa de Saraxevo por varias cidades.  Este libro achegaranos á triste realidade do que significa ser un refuxiado e o sen sentido das guerras.

Distribuir contido