Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Fortaleza, Brasil: praia, fútebol, caipirinhas, pero tamén delincuencia e pistolas na cabeza

Benxa volveu facernos o favor de contarnos as súas experiencias en Fortaleza (por erros do que escribe non deu tempo a ir a México e Colombia como na outra vez). Moito sentido do humor, bo rollo, medo, autocrítica consellos de viaxeiro atrevido buscando experiencias e contacto real. Soños de infancia que "o lourinho" conseguiu con moito traballo. Incribles imaxes do Carnaval e contos das aldeas, dunha vella farmacéutica, da brutalidade policial, da pederastia, e dun clima aterrador. O taxista que te leva á barraca, que che consegue de todo, te que leva a unha festa, a outro restaurante, e a outro taxi. Prezos que se multiplican e dividen, taxistas cargados de alegría, prostitución, recolledores de cocos, conseguidores de todo. Malos perdedores ao fútbol, agradecidos, cariñosos, algo tramposos en busca da supervivencia: os brasileiros medios. E tamén nos falou dos perigos de viaxar sen informarse das enfermidades e das cuestións locais. Leccións aprendidas con alegría e valor (e algo de inconsciencia) contadas con amenidade e bo rollo. Os rapaces de 4º, tan encantandos como os de 3º. Habería que poñerlle un 10 en xeografía.

animated gif maker

Pues podría acabar la

Pues podría acabar la charla con los de 4º... que se quedó a medias