FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Clases sen fume (2º ESO)
CLASES SEN FUME é un concurso europeo para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).
Ten como fin evitar que comeces a fumar ou ben, se xa o fixeches, que deixes o tabaco antes de que te enganche. Moitos rapaces empezan a fumar aos 11 anos e aos 14 xa son adictos.
Durante o concurso realizaredes unha serie de actividades que aumentarán os vosos coñecementos sobre o tema do tabaquismo ao tempo que vos divertides e podedes gañar grandes premios.
¿Que tes que facer para participar?
Comprometerte, xunto cos teus compañeiros da clase, a non fumar durante polo menos 6 meses, dende o 15 de novembro ata abril, incluíndo as fins de semana e as vacacións.
Axudarvos entre vós cando alguén teña tentacións de abandonar. Lémbrade que é un pacto entre todos e que se un falla, fallades todos. Se ocorre isto, intentade resolver a situación, coa axuda do voso titor ou titora.
Realizar as actividades de prevención do tabaquismo que che propoñemos.
¿Que podes gañar?
Saúde Non fumar é a mellor decisión que podes tomar.
Autoestima Ti es máis forte ca o tabaco e decides o que queres facer. Non deixes que ninguén nin nada decidan por ti.
Grandes premios
Estadías nun albergue con programa multi-aventura, MP4, entradas ao “Aquapark”...
Diploma e premio sorpresa para todos os participantes no concurso.
Comunícalles aos teus pais a túa decisión e anima a túa familia a participar contigo no concurso “FOGARES SEN FUME” que comeza en xaneiro.
Máis información en:
http://www.galiciasaude.es/clasessenfume
http://www.sergas.es/clasessenfume