FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Comeza o III Premio Estudo e Deporte
Coa convocatoria do comité organizador botou a andar este martes a terceira edición dos premios Estudo e Deporte. Á reunión asistiron, ademais dos membros do instituto, os representantes dos concellos de Mugardos e Ares e dos principais clubs deportivos patrocinadores: Club de Remo e Galicia de Mugardos.
Abordouse principalmente a actualización das bases como os puntos relativos ao baremo que traerá este ano importantes novidades que se darán a coñecer no seu momento. Ademais revisáronse as listaxes de participantes coa feliz constatación do aumento de alumnado do instituto que está a realizar actividades deportivas. A previsión é que este ano superemos os cen inscritos no premio. Desde aquí felicitamos a todas as familias que animan e fan posible manter este tecido de deporte en idade escolar.
Rematamos recomendando a lectura do artigo "¿Qué gana tu hijo cuando cuando lo castigas sin entrenar?" de Kike Fernández.
Foto: Carla V. R. (4.º ESO)