FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Unha mañá coa brigada antiincendios
Enviado por admin o Xov, 30/01/2014 - 21:50
A mañá do xoves, 30 de xaneiro,no salón de actos, cinco bombeiros do Distrito Forestal de Ferrol e máis unha técnica viñeron a darnos unha charla de dúas horas. Explicáronnos como se producía un incendio forestal e como o apagaban. Contáronnos como se pode producir o lume e cando é máis perigoso. Tamén nos amosaron os materiais que usan para evitar que se expanda o lume. O camión que traían era un URO e deixáronnos usar a mangueira.
1.º ESO