Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

O IES MUGARDOS NO CONGRESO DE ENCIGA EN OURENSE

O venres día 21 era o día da presentación da "Caixa dos Números Reais" no Congreso de ENCIGA (Ensinantes de Ciencia de Galicia). Os alumnos de 4º ESO: Inés Díaz, Javier Maceiras e Marta López, acompañados da profesora de Matemáticas, Covadonga, chegaron ao IES Blanco Amor de Ourense despois de dar unhas cantas voltas rúa Peliquín arriba e abaixo  seguindo as ordes, finalmente acertadas, do GPS. Tempo para pasear por Ourense, lavar as mans en auga quente (moi quente) na Fonte das Burgas e disfrutar dun bo xantar ao pé da Catedral.

Ás cinco en punto comezou a comunicación na que presentaban as "Caixas de Números Reais" construidas o curso pasado polos alumnos de 3ºB na clase de Matemáticas. Estas caixas pretenden ser un apoio didáctico para clasificar os distintos tipos de números que forman o conxunto dos números Reais (R):  Naturais (N), Enteiros (Z), Racionais (Q)  e Irracionais (I).

Con moita valentía e coñecemento, Inés, Marta e Javier colocaron no departamento correcto da caixa cada un dos números que escribían en abelás os profesores asistentes ao acto.

Relaxados despois da intervención foi tempo dun paseo ata que chegou a hora de coller o tren de volta a Ferrol.

Unha boa experiencia para os alumnos aos que o Departamento de Matemáticas agradece o esforzo realizado.